- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 17 Agosto 2008 17 Agosto 2008
Este venres 15 de agosto o Club Náutico de Camariñas homenaxeou á 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas, a porteña Sandra Insua Rial, pola labor desenrolada por ésta como Concelleira de Cultura e Deportes a prol do CNC e dos deportes náuticos na Vila de Camariñas. Á citada cea acudíu unha nutrida representación do PSOE camariñán encabezada polo alcalde Pichurri, a deputada autonómica Marisol Soneira Tajes ou o concelleiro Javier Cabrejo. Pulsa na foto para ver a noticia completa e unha pequena galería fotográfica.
A citada cea, á que acudiron preto de 50 comensais, comenzou as 10 e media da noite do venres 15 de agosto e tralos pratos (merluza rebozada, carne asada con patacas e postre) tiveron lugar os discursos de rigor nos que Pichurri, Marisol e Xosé Luis ensalzaron a labor realizada dende o concello por Sandra a favor do desenrolo dos deportes náuticos na Vila de Camariñas e por consiguinte a axuda prestada ao noso CNC, que non se debe olvidar que foi o primeiro e máis importante da Costa da Morte.
Como colofón a esta cena homenaxe só compre engadir que o noso CNC na asamblea ordinaria que celebrará este 30 de agosto someterá á aprobación dos socios o nomeamento de Sandra Insua Rial como socia de honor o cal suporá que Sandra virá a sumarse a unha longa lista de nomes ilustres no Concello de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.