4.3461538461538 1 1 1 1 1 Rating 4.35 (26 Votes)

María, filla de Jorge e Vanessa xa está bautizada

Momento sagrado no que Don Jesús bautiza a María en presencia dos seus pais e padriños
Momento sagrado no que Don Jesús bautiza a María en presencia dos seus pais e padriños

Xa que camarinas.eu está en peligro de muerte debido aos seus escasos medios económicos vamos a apurar a publicar, antes de que chegue a nosa hora final, o último dos bautizos que se celebraron en Camariñas este mes de agosto e que se realizou este fin de semana para que todos, absolutamente todos os nosos lectores poidades desfrutar unha vez máis (pode que sexa a última se non se enche o Restaurante Catro Ventos no día da Cena de Camarinas.eu o 22 de agosto) dunha inmensa galería de fotos e videos. Pulsa na foto para ver a noticia completa e ver máis de 50 fotos do bautizo de María, filla de Jorge e Vanessa e neta da nosa querida María de Piñolo.

¡Felicidades amigos!

Este sábado 9 de agosto bautizouse María, a filla do nosos queridos amigos Jorge de Piñolo e Vanessa. A misa celebrouse ás 8 da tarde e foi oficiada polo incansable cura párroco de Camariñas Don Jesús que leva uns meses de intenso traballo debido ás numerosas vodas, bautizos e comunións que se celebraron esta temporada en Camariñas.

Despois da misa poidemos sacar as consabidas fotos de rigor de todos os bautizos e de seguido os invitados dirixíronse ata o Restaurante "Villa de Oro" onde as cociñeiras, ao mando da experta e querida Lita, prepararon uns manjares que foron devorados sen piedade polos máis de 70 comensales. Xa entrada a noite, os máis festeiros, entre os que se atopaba o noso amigo Fran de Santa Mariña, Arturo das Neves, Luis de Kecha, Diego Alonso, Roberto "Pirucho", Rodrigo e incluso Jorge de Piñolo e o seu irmán comezaron a armar o seu particular show de cánticos e chistes que fixeron que todos os invitados o pasaran bomba. Despois disto empezaron os chiquitos e os cubatas pero non se vío ningún baile debido a prácticamente nula apetencia deste grupo de amigos polos movimientos caderiles.

En fin, un novo bautizo en Camariñas dunha neniña preciosa que esperamos que crezca sana e forte. Desde camarinas.eu alegrámonos profundamente de que Jorge e Vanessa emprendan unha vida xuntos e que teñan como regalo de Deus o mellor que unha parexa pode ter: unha preciosa nena como a súa filla María que leva o nome da súa avoa. Felicidades !!!

 

Comentarios   

uXi
0 # uXi 13/08/2008 22:41
Que guapos todos!!

La niña es una preciosidad.

Vaya formade montarla! jajajaja si que no hay quien pueda..
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 14/08/2008 10:17
muitas felisisdades Jorge e Vanesa por esa neniña tan bonita que tendes.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.