- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 11 Agosto 2008 11 Agosto 2008
Begoña e Miguel xa son marido e muller

Miguel e Begoña á saída da Igrexa Parroquial de Camariñas
Este sábado 9 de agosto de 2008 celebrouse, nun día radiante, a voda entre Begoña Carril, veciña de Camariñas e Miguel Vázquez, un rapaz de Pereiriña (Cee) que traballa como carpinteiro autónomo. Sobre ás 13:00 do espléndido mediodía chegaba unha noiva radiante á Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde xa a esperaba impaciente e visiblemente nervioso Miguel. Don Jesús, o cura párroco de Camariñas, citou unha homilía amena e sinxela como ven sendo habitual e cas que tanto aprendemos cada vez que nos acercamos á igrexa. Despois, casou aos noivos sen máis preámbulos e adicoulles unhas bonitas palabras. Camarinas.eu presente no enlace que unía a Begoña e Miguel en santo matrimonio captou unha ampla galería fotográfica de 130 imaxes que procede a publicar para xeral coñecemento do usuariado máis activo da Costa da Morte.
Despois da misa os noivos e o fotógrafo desprazáronse ata o lugar máis emblemático e maxestuso desta costa atlántica excepto a Costa da Morte de Santa Comba: o Faro de Cabo Vilán de Camariñas. Alí poideron aproveitar para sacar unhas fotos preciosas porque o día estaba tranquilo e soleado e os noivos, xa máis tranquilos, posaron naturalmente. Despois das pertinentes e inevitables fotos de rigor voderil tivemos que desprazarnos ata un restaurante clásico nestes ambientes: o Restaurante "A Lagoa" de Vimianzo onde puidemos degustar un manjar composto por sete pratos de marisco, 1 de peixe e un de carne ademáis do postre, o sorbete de limón e os consabidos vasos de champán, licores e cubatas que, coma sempre, fixeron que aflorara o ritmo caderil nos invitados ao son dun dúo musical composto por unha "vieja gloria" da música ao piano e unha fermosa cantante ás voces.
Despois poidemos ver a nosa Beauty Adriana coller o piano para tocar unha pieza dedicada á súa amiga Begoña que emocionou a todo o mundo. Xa entrando a noite, os bailes xeneralizáronse e os cubatas tamén. Alí poidemos coñecer tamén a os amigos de Pereiriña de Miguel, uns rapaces xeniales e alegres donde os haxa.
Pois esto é todo, sólo nos queda felicitar aos recén casados e dedicarlles esta noticia e desexar que sexan felices e que coman perdices para o resto das súas vidas. ¡¡FELICIDADES!!









































Comentarios
Q BODA MÁS BÁRBARA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.