- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 05 Agosto 2008 05 Agosto 2008
O 22 de agosto: o maior espectáculo do mundo

Pois xa está aquí: a Cena de Primer Aniversario de camarinas.eu, a web do millón de entradas, a web que provocou a maior revolución cibernética da historia da Costa da Morte, unha web copiada ata a saciedade por todas as demáis (o último exemplo: os tags, agora tan de moda no resto de páxinas). Aínda que nacemos un 15 de agosto, retrasamos o día de celebración debido problemas de datas de certos usuarios claves da nosa web que por nada do mundo querían perderse "la madre de todas las farras". Si estuvestes na festa do Arnela o 1 de agosto, prepárate porque aquelo non foi nada comparado ca movida que estamos preparando e que iremos desvelando en próximos días. Polo de agora e para evitar que algún zoquete ande por ahí envenenando ó noble pueblo de Camariñas, desvelámosvos os motivos que impulsan á cena:
O motivo: o Primer Aniversario de camarinas.eu, a reina das webs desta Franxa Atlántica. O lugar: un restaurante emblemático da Vila dos Encaixes, o Restaurante Catro Ventos. O precio: 20 euros por entrada, dos cales 4 euros serán adicados a financiar o servidor da páxina. O obxectivo: encher o Restaurante Catro Ventos con polo menos 200 persoas que deixen constancia da forza da web que pasea o nome de Camariñas polo mundo adiante. A razón: financiar a páxina da forma máis democráticamente posible, de forma que sexa o pobo sinxelo de Camariñas o que financie a páxina para evitar que ésta caia en mans de grupos de poder ou empresarios que a mediaticen. O menú: fideguá, xamón asado con patacas, postre, café e chupito. A data: Venres 22 de agosto ás 21:30 da noite. Lugar de venta de entradas: Café Bar Arnela, onde quedarán 100 entradas e as nosas usuarias Jaba e Mantida con 50 entradas cada unha delas.
¡SE QUERES QUE CAMARINAS.EU SIGA SENDO A VOZ DO POBO, TES QUE ESTAR ALÍ!

Comentarios
---estudiante---
Un bico,
---estudiante---
As entradas banse vendendo ven , e xa quedan poucas .
Veña animadevos!! que o vamos pasar mui ben.
Aaaaahh darlle grasias a rubia e a reira por dar ese donativo, pa pajina.
Veña animadevos!!!
Con respeto os donativos "A VER CHIC@S", anímadevos que despois queremos que a páxina continúe. VEÑA, VEÑA.UNHA APERTA.
---estudiante
COMO QUERIA YO
ESTAR EN CAMARINAS!
ASI IVA EN LA FESTA..
PORQ LO SITE ES MUY BUENO!!
PARABENS A TODOS Q TRABAJAN EN LO SITE..
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.