- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 04 Agosto 2008 04 Agosto 2008
Hai fins de semana de agosto en Camariñas que posiblemente se bata algún record do mundo en canto a cenas, festas, homenaxes, bautizos, vodas, etc... e este fin de semana fui o exemplo perfecto de elo. Despois da multitudinaria e apocalíptica festa do venres no Cafe Bar Arnela (pasarán os anos e seguirá a ser recordada por todos os participantes na mesma), o sábado celebráronse dúas cenas de grupo máis convenientemente cubertas como corresponde pola web máis visitada da Costa da Morte: a da Danza de Arcos e a Cena de Homenaxe ao Socio que anualmente celebra o CNC e a que foi invitado moi amablemente o director de camarinas.eu.
Cando o Club Náutico de Camariñas, unha das asociacións máis importantes do Concello, celebra unha cena, camarinas.eu, que non se debe olvidar que conta no seo da súa redacción cun socio do CNC que posiblemente, algún día, recibirá o seu carnet, está alí presente. Tal e como sucedeu este sábado 2 de agosto cando cunha asistencia de máis de 100 persoas celebrouse a anual Cena de Homenaxe ao Socio que este ano consistío nunha sabrosa churrascada.
Pero o que a estas alturas segue a sorprender aos redactores de camarinas.eu é a xenialidade do Presidente do Club Náutico, o usuario e amigo de esta casa Xosé Luis Blanco Campaña, en crear climas de complicidade cos asistentes aos seus actos e en convertir en auténticos espectáculos os mesmos. Porque que Xosé Luis é o auténtico showman desta Costa da Morte dos nosos pecados non é unha sorpresa nun home con semellante currículum periodístico, o cal non deixa de ter o seu mérito, sobre todo agora que a Costa da Morte engloba lugares tan marítimos e lonxanos como Santa Comba, Laracha ou Baio. E esto que decimos quedou especialmente demostrado o sábado, cando dende o momento en que rematada a cena, e tras poñer como aperitivo, tal e como prometera, un "Que viva España", comenzou un baile adobado de periódicos concursos, que fixeron que todos os asistentes pasaran un momento realmente agradable. En fin, a próxima cita será o día 15 de agosto e alí estará como sempre camarinas.eu.




























































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.