- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Agosto 2008 03 Agosto 2008
Toña e Jorge casaron o día que a súa filla fixo a 1ª Comunión

Xa fai máis de unha semana que a nosa querida veciña Toña de Celsa e Jorge de Buría contraeron matrimonio. Foi xusto o venres 25 de xullo pero debido a problemas coas fotos non poidemos publicar nada deste orixinal enlace. Dicimos orixinal porque o mesmo día que se casaron os dous noivos fixo a comunión a súa preciosa filla Thalía. Pulsa na foto para saber algo máis dos recén casados e ver unha ampla galería fotográfica da Comunión de Thalía e da Voda dos seus pais.
Comunión e Voda nun solo día
Eran pouco menos das 12 do mediodía cando a familia de Thalía se dirixía á Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para celebrar a 1ª Comunión da rapaza. A misa transcorreu coma sempre aínda que era un día moi especial: 25 de Xullo, día de Santiago Apostol Patrón de España e das Américas, e por eso na misa esperaba un sereno e serio Don Jesús que a pesar de estar a misa abarrotada de fieles orou, coma sempre, unha maxistral lección doctrinal acerca da humanidade.
Ao rematar a gran misa e xa tomada a hostia por Thalía, empezamos a sacar as fotos clásicas da 1ª Comunión. Rematadas estas, dirixímonos rápidamente hacia a Casa do Concello de Camariñas onde os pais de Thalía eran casados nunha ceremonia civil por un nervioso Alcalde de Camariñas nun acto simple e rápido. A continuación, dirixímonos hacia o Restaurante Doña Rita en Muxía donde se celebrou un banquete exquisito. Despois do postre e o café chegaron os chiquitos, e como consecuencia destes chegaron tamén os inevitables bailes e meneos que proliferaron por doquier, sendo un dos máis meneadores caderiles o noso querido e gran amigo Manolo "O Cochero", que non pudo parar de bailar ao son do dúo que no restaurante actuaba.
Pois nada máis. Desde camarinas.eu esperamos e desexamos que Toña e Jorge vivan felicies moitísimos anos en compaña da súa preciosa filla Thalía: ¡¡¡VIVAN LOS NOVIOS!!!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.