- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Xullo 2008 28 Xullo 2008
Impresionante reportaxe da voda de Javi e Sara

Este sábado 26 de xullo casábase en Xaviña un dos membros da redaccion de camarinas.eu. Non. Calma, que non cunda o pánico. Que se tranquilicen as féminas. Non pensedes que se trataba de Diego Alonso, sin amores recoñecidos en Xaviña, ou Marcos Vázquez, con antepasados en Xaviña pero como si non os tuvera (ao fin e o cabo dous playboys no paro obrero), senón que Javi Varela, o noso reporteiro transfronteirizo e internacional, era devorado irremisiblemente polo monstruo do amor. Javi casábase cunha gran amiga nosa: a xaviñana Sara. Pulsa na foto para ver as fotos e vídeos da voda entre Javi Varela e Sara.
Impresionante reportaxe da voda de Javi e Sara
Don Mario, o páter inmemorial de Xaviña foi o encargado de oficiar unha ceremonia que transcorreu prácidamente ata o final, cando os aplausos e vítores ensordecedores saltaron a escena co bico final entre os dous recén casados. Despois da obrigada tirada de arroz, os noivos e o seu fotógrafo Diego Alonso dirixíronse ata o Faro Vilán e Reira, onde puideron sacar unhas instantáneas no maravilloso atardecer camariñán. Unha vez rematadas as pertinentes fotos de rigor, a comitiva voderil desprazouse ata o Restaurante A Lagoa en Vimianzo onde xa esperaban impacientes os invitados (entre eles unha auténtica muchedumbre de usuarios de camarinas.eu en Suiza) .
Ao chegar alí e con todos os asistentes á voda xa sentados en cadanseu sitio, os noivos fixeron a súa aparición estelar no salón e, outra vez, os aplausos e silbidos adueñáronse do local. Despois dunhas cantas fotos e saúdos xa se empezou ca enchenta de marisco, peixe e carnes varias que deixaron un empacho globalizado en todos os invitados. Despois empezaron as bromas e bailes e os Reis desto non podían ser outros que Jesús "O Vijés" e o seu inseparable amigo de Mallorca. Neste momento foi cando se desbordou o espectáculo e acompañados do dúo musical que alí actuaba empezou a festa brava que se extendeu ata xa pasadas as 5 e media da mañán. Pois só nos queda felicitar a Javi, sempre transfronteirizo, sempre internacional, e á súa esposa Sara para que sexan moi felices o resto das súas vidas: ¡¡FELICIDADES!!
{multithumbs}





























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.