- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Xullo 2008 27 Xullo 2008
O noso usuario Adrián cumpre 19 anos
Hoxe é un día moi especial para o noso querido usuario Adrián, xa que hoxe cumpre 19 anos. Adrián Campaña Antelo nacío no Hospital Materno Infantil da Coruña un 27 de xullo de 1989 e polo tanto porta o signo de Leo, como outros destacados membros da súa familia que teñen o seu cumpreanos os próximos días xa a punto de caramelo. Rapaz tranquilo, leal e ante todo boa persoa, vive actualmente na olvidada e ninguneada Rúa Pinzón de Camariñas, unha das arterias vitais do noso pobo, agora vida algo a menos.
Hai unha semana víamolo especialmente elegante con motivo da voda de Luis de Bélxica e Luz, sempre ao lado de Graciela, a súa fermosa e inseparable noiva ca que comparte a súa vida dende hai xa uns anos. E é que de Adrián hai que decir que foi un rapaz que xa madurou dende moi novo e así, actualmente traballa, seguindo a tradición da familia do seu pai e da súa nai, como bravo e esforzado mariñeiro no Manuel de Lin encantado de poder volver ó mar que sempre amou, tralo obrigado parón que algunhas decisións administrativas impuxeron á citada embarcación. Amante de todo o que teña que ver co mar, este Carme 2008 puidémolo ver na Procesión Marítima na sua moto acuática volando sobre os tombos e tamén vola pero sobre a carretera no seu destartalado pero imbatible Renault 5 de segunda man que acaba de comprar. A súa nai Amalia (tía de algún dos nosos redactores) á cal podemos ver tódolos días traballando no Supermercado Aliprox de Camariñas, foi a que nos pedío que lle felicitáramos o cumpreanos ó seu fillo. Pois nada, nos encantados: ¡¡Feliz Cumpreanos, Adrián!!




Comentarios
Donde vai aquel rapasiño atravesado que viña o polideportivo jaja.
FELIZ CUMPLEAÑOS!!!!
Que cumplas moitos mas!
Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.