- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Xullo 2008 24 Xullo 2008
Luís e Luz casaron este sábado pasado

Luis e Luz casaron este sábado pasado en Camariñas
Despois da calor que pasamos en Betanzos na voda de Felipe e Miriam, nada mellor que outra voda pero esta vez ao ladiño do mar: en Camariñas. Este pasado sábado 19 de xullo os nosos queridos amigos Luís e Luz contraeron sagrado matrimonio católico na Igrexa Parroquial de Camariñas. Luís traballa na Coruña de electricista e tamén posúe unha pequena empresa de Tunning en Vimianzo chamada ProfSound. Luz adícase a cuidar da súa nai que xa vai velliña e ás labores do fogar. Pulsa na foto principal para ver as 100 mellores fotos e 4 vídeos deste enlace entre Luz e Luís.
¡Unha voda camariñana por todo o alto!
A verdad que en camarinas.eu estamos moi alegres de ver a dous bos amigos nosos xa formando unha familia como son Luis, máis coñecido como Luís de Bélgica, e Luz. Luis fai un par de anos que regresou definitivamente deste país centroeuropeo onde traballaba como electricista e ao chegar a Camariñas xuntouse con Diego Alonso, o director deste millonario diario co cal xa era de esperar que non tería muito éxito co xénero femenino... Bueno, o caso fui que cando se coñeceron ámbolos dous empezaron a conxeniar e pouco despois saíron como mozos ata que un día Luis pedíolle de rodillas o matrimonio, cousa que Luz, xa enamorada del non dubidou en respostarlle que si. Pois nada, desde camarinas.eu desexámos que sexades o máis felices que poidades e que todo vos vai ben nesta vida. ¡¡Felicidades!!
{multithumbs}































Comentarios
SORTE
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.