- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Xullo 2008 22 Xullo 2008

Cunha ceremonia civil e sinxela nun lugar paradisíaco, o Pazo de Santa Cruz de Montoi situado a camiño entre Betanzos e Oza dos Ríos casaba este sábado o noso querido amigo Felipe coa súa moza Miriam, natural de Viveiro. Os dous escolleron este lugar intermedio entre Camariñas e Viveiro para casarse e así aforrar camiño ás dúas lonxanas familias. Felipe estivo acompañado de gran parte da súa familia así como uns cantos dos seus máis íntimos amigos. Alí puidemos ver a Juanjo de Protección Civil, Antar o fillo do recordado profesor Don Alfonso, así como outros amigos que non quixeron faltar a tan importante evento. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha ampla galería da voda de Felipe e Miriam e do espectacular pazo no que se celebrou a ceremonia.
Breve historia da Voda de Felipe e Miriam
O que máis impresionou ao director de camarinas.eu foi a maxestuosa beleza tradicional dun pazo renovado pero conservando todo o seu encanto enxebre. Utensilios de labranza e antigos aparellos para facer o famoso viño destas terras estaban por alí como se non pasasen os anos por eles. Todo o contrario ocorreu co menú presentado para esta voda: unhas comidas modernas e innovadoras pero tamén sabrosísimas. Alí poidemos probar o "Lumbrigante Thermidor" a base do susodito marisco cunha salsa de queixo e bechamel, exquisito. Chegaba o turno dun "Salpicón de Rape e Marisco" ao estilo tradicional. Despois saboreamos os "lomos de rodaballo con salsa de langostino e grelos", ¡magnifique! A continuación puidemos saborear un "Sorbete de Mandarina" e de seguido chegou o plato forte: Muslos de Pato caramelizado con puré de pataca tostado. Cando o redactor probou este plato sentío como si na súa boca hubera unha festa e estivera todo o mundo invitado. Despois desto viñeron os postres, os cales o noso redactor non quixo nin tocar debido ao réxime exhaustivo que está a levar para volver a pesarse na báscula da lonxa nova. Despois, como todo o mundo preeverá, chegaron os chiquitos e as queimadas e xa se sabe, os meneos afloraron por doquier.
Xa rematado o traballo alá polas 2 e pico da mañá o noso querido redactor recolleu todos os seus aparellos e despedíndose dos noivos e todos os invitados dirixíuse a unidade móbil que esperaba ansiosa para voltar a súa terra. Xa polo medio do camiño na autopista entre Betanzos e A Coruña o despistado e destartalado redactor acompañado pola súa cansada e descangallada unidade móbil douse conta de que deixara no restaurante onde se celebrou a voda o seu querido móbil así que, tivo que coller a primeira salida que había na autopista e dirixirse outra vez ao citado restaurante. Así e todo chegamos a tempo para pegarlle uns bailiños na festa do Carmen, tomar un par de refrigerios e despedirnos dela ata o ano que ven. De verdade que o merecíamos. Felicidades Felipe e Miriam.









































Comentarios
Tilde estas muy juapa.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.