4.44 1 1 1 1 1 Rating 4.44 (50 Votes)

O Cristianismo non está en crisis en Camariñas

Don Jesús diríxese ós fieis congragados nunha abarrotada Igrexa Parroquial de San Xurxo
Don Jesús diríxese ós fieis congragados nunha abarrotada Igrexa Parroquial de San Xurxo

Hai xente intelixente que decide encanar dúas festas consecutivas. Tralos días gloriosos das Festas do Carmen hai persoas que non contentas con eles decide prolongar un pouco máis a festa e bautizar e facer a 1ª Comunión dos seus fillos no domingo posterior ao Carmen. Eso foi o que pasou hoxe en Camariñas, onde nunha ateigada Igrexa Parroquial tivo lugar un domingo pletórico de bautizos e comunións. Pulsa na imaxe para saber quenes foron os nenos bautizados e comulgados no día de hoxe e ler a noticia completa.

O Cristianismo non está en crisis en Camariñas

Decíamos que o cristianismo non está en crisis en Camariñas, porque polo que se ve domingo tras domingo, a nosa igrexa sempre está a reventar de fieles e o número de bautizos, vodas e comunións non fai máis que subir. En fin, será que na milenaria Vila de Camariñas non somos tan modernos coma noutras partes do así chamado, por algúns iluminados e novos apóstoles non se sabe moi ben de que, "Estado Español". E sen dúbida, así seguirá a encherse o noso templo parroquial con homilías tan impresionantes como a que hoxe dou o noso querido páter Don Jesús sobre a misericordia, técnicamente perfecta e inobxetivable dende un punto de vista doctrinal.

Así, as ceremonias que cubríu o noso querido e tiránico Director de camarinas.eu foron os Bautizos de Álex, fillo de Fran de Xaviña e a súa dona (filla do finado e querido José Ramírez "Chicote") e Alba, filla de Manoliño de Chichí e a súa fermosa dona. Subindo un peldaño no escalafón católico, as comunións que cubrío Diego Alonso foron as de Paula, filla de Diana do Caracol e a outra rapaciña que comulgou por primeira vez foi Ariana, filla de Arjemiro de Buría e Victoria, que traballa de carniceira no Gadis. Tendo lugar os banquetes en diversos restaurantes de Camariñas que estaban repletos de xente. En fin, polo que se ve o cristianismo non está en crisis en Camariñas.

 

Comentarios   

Artai
+1 # TradiciónArtai 21/07/2008 14:32
Eu creo que máis que católicos o que somos e moi tradicionais, e sen dúbida o que máis nos gusta son as enchentas que nos metemos tras estos sacramentos, coa familia e amigos...
Coa mesma, Artai aproveita a ocasión para mandarlle un saudo a Álex que estaba moi guapo.
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 21/07/2008 19:51
todos muy juapiños, nais pais fillos abuelos etc.Artai tes rasón o peor de todo son as comilladas de estas festas acabamos hinchados.
Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # A COMUNION DE PAULA FOI BARBARA!JABA 22/07/2008 21:08
O mellor de todo este tinglado,e o reunirse toda famila;esto esta por encima da enchenta,polo menos pa min...hai ke divertirse,tant o ten,sea comunion,bautis o,boda,despedid a de solteiros...da ijual,o fin e divertirse e pasalo ben!!!A comunion de Paula estubo criminal,pasein o barbaro...felis idades PAULIÑA,xa podes tomala ostia.!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.