- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 06 Xullo 2008 06 Xullo 2008
O Club Náutico premia o periodismo de calidade de camarinas.eu

Camarinas.eu quere agradecer en público o gran detalle que tivo a asociación máis importante do Concello de Camariñas, o Club Náutico, cas webs existentes na nosa vila. Ante o silencio e falta de apoio da meirande parte do empresariado local, que se acordase de nos a citada asociación, presidida polo periodista máis importante da historia da Costa da Morte, Xose Luis Blanco Campaña, xornalista profesional, con título e estudios que o acreditan sobradamente, é para camarinas.eu a maior recompensa que podíamos esperar. Por eso, dende esta humilde web queremos agradecer sinceramente á directiva do Club Náutico este detalle que tiveron coas páxinas web de Camariñas para facer posible que o xornalismo de calidade sobreviva na antiga vila de Camariñas.
Camarinas.eu homenaxeada polo CNC
Aínda que inicialmente a cena de homenaxe ás webs da vila de Camariñas estaba prevista que comenzase as 10 da noite, todos os asistentes tiveron que esperar un pouco máis de media hora, dado que o director dunha das webs homenaxeadas, Diego Alonso Freire, retrasouse debido a que estaba a cubrir a voda que o veciño de Camariñas Pedro do Peruco celebraba nese momento, voda da que mañán luns se nada o impide teredes unha reportaxe exhaustiva. Así pois, sobre as 11 menos cuarto e con máis de sesenta asistentes comenzou este evento que tiña como obxectivo homenaxear e facer posible a supervivencia das dúas webs existentes en Camariñas.
A comida discorreu prácidamente nun ambiente cordial e de amistade, como non podía ser de outra maneira, ata que rematados os postres comezaron os discursos. O primeiro en falar foi Xosé Luís Blanco Campaña ao que escoitalo falar en público e sempre un auténtico espectáculo: bromas, guiños ao público, vellos recordos, unha memoria infatigable fan que oir a Xosé Luis sexa un pracer para os sentidos, pero que como contrapartida ten que os que temos que falar despois del quedemos literalmente aos pes dos cabalos. Non se pode superar o insuperable. Unha vez feita a entrega dos diplomas e polos co logotipo do Club Náutico máis antigo e máis importante da Costa da Morte, tomaron a palabra José Manuel Olveira e Diego Alonso, directores das webs homenaxeadas. Tamén tomou a palabra Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido Estudiante, que quixo agradecer en público todo o apoio que as citadas webs brindaron á súa familia nos malos tempos que tuveron que sufrir. Por último Xosé Luís brindoulle o micro a Marcos, Redactor de Cultura de camarinas.eu, o cal dou un discurso bastante frío e monótono, tal e como corresponde a un funcionario.
Rematados os discursos chegaron os chiquitos e como consecuencia inevitable destes chegaron tamén os bailes e os meneos caderiles oficiando como disc-jockey de luxo Xosé Luis e como si dunha Cheerleader de 16 anos de Los Ángeles Lakers se tratase, a nosa querida usuaria Josefa Carril ("Rubiasexy") fixo honor ao seu nick cuns meneos imponentes. Quecha quixo seguir os seus pasos pero ante tal avalancha de sensualidade pouco pudo facer. En fin, unha gran iniciativa do Club Náutico apoiada ademáis cunha donación de 150 euros para financiar ó noso servidor que dende camarinas.eu agradecemos profundamente. Moitas gracias.
Comentarios
En canto a o que di Lusina de que non somos unidos ,non e tal , eu non iria a cena nin de coña, pero si calquera dos directores da paxina me pedira cartos pa manter a paxina , donlles de bo gusto , e eso e o que vale o demas son pamplinas, e politca de quedar ben.
O AYNUTAMIENTO TAMÉN DEBERÍA DAR UNHA AXUDA AS DUAS PAGINAS.
un motivo xa o dixo 32 ventos,non se fixo chamamento os usuarios en general,pouco reclamo,solo BILLY,pedindo afluensia,pero...
tamen hay que pensar que era dia de festas e celebrasions,mu itos usuarios estaban de boda,outros de festa da sardiña,como non,outros as suas festas na PONTE,e tamen no asalto o castelo de VIMIANZO,por favor non critiquemos a quen non fui,pudo ter os seus motivos...
estas paxinas que sigan asi e os seus diretores que non cambien,todos os meus animos pa eles
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.