- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 04 Xullo 2008 04 Xullo 2008
Rubiasexy, Pauliña e A Piruca xa están en Camariñas

Unha parte da familia de Sefa diante do Bar Arnela en Camariñas
Pasaban as 10 da noite cando un redactor xa medio cansado de andar polos bares chegou ao Arnela e ao sentarse na terraza para falar cun amigo vío baixarse do coche que a traía do aeroporto de Santiago nada máis e nada menos que a nosa querida usuaria Rubiasexy (Sefa). Nese momento todo foron bicos e abrazos coa súa familia que a esperaba impacientemente no Bar Arnela. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unhas imaxes da chegada a Camariñas de Sefa, Rocío "A Piruca" e Pauliña.
Empezan a chegar os nosos usuarios da diáspora

Pauliña e Rocío A Piruca xuntas outra vez en Camariñas
Estaban alí casi todos: Víctor do Quiosco, a súa irmán Sofía, Luís "O Cotiño", Alba co seu fillo e seu home tamén usuario de camarinas.eu Xan Boi, Aniña de Sofía, etc.. Ademáis, como non, tamén estaba presente Gelinita e a súa filla Laura que chegou de Valencia co seu mozo "Peio" do Victoria para asistir a voda do seu irmán Pedro do Piruco. Bueno, casi toda a familia estaba alí para recibir a nosa querida amiga Sefa.
Ao marchar do Bar Arnela dirixinme ao Bar Casino para tomar a penúltima e alí puden ver ás nosas queridas amigas canarias Rocío "A Piruca" e Paula Mas (guapísimas as dúas, coma sempre) que tamén acababan de chegar de Fuerteventura e cas que pasamos un bo rato acordándonos de todo o que fixéramos anos atrás. Alí estuvemos coa nosa tamén querida usuaria Jaba (Nuria), Ana de Camuel e máis Mari Carmen da Cotarra reíndonos un cacho. Fui unha noite de reencontros cos usuarios de camarinas.eu que están na diáspora.
Comentarios
uN SALUDO PA TODOS/AS!!!
AORA A DISFRUTAR DAS VACASIONS!!!
E A PASALO PIPAAA!!!!
BIKSSSSSSSSSSSS
LAURA ESTÁ WAPISIMA EH...
BIKIÑOSS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.