- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Xuño 2008 29 Xuño 2008
Saray foi bautizada este domingo en Camariñas

Eran as 12 da mañá deste Domingo de Eurocopa 29 de xuño, que seguramente pasará á historia, cando a xoven familia de Saray se acercaba pausadamente á Igrexa Parroquial de Camariñas. Un humilde, destartalado e patético fotógrafo subía a costa do Areal pesadamente debido aos excesos do día anterior. Cando chegamos á Igrexa de Camariñas xa estaba todo o mundo alí e poidemos escoitar a misa que Don Jesús citou, como sempre, con moita sabiduría.
Saray foi bautizada hoxe e por elo toda a súa familia estaba moi feliz. O pai da nena chámase Carlos (Brantuas, Muxía) e a súa nai María José (Braño) e son dous rapaces que forman parte da comunidade camariñana dende fai ben pouco xa que se coñeceron en Suiza, donde pasaron muitos anos traballando e agora, tralo retorno, decidiron establecerse en Camariñas. Carlos ten unha pequena empresa de revestimientos, pladur e pintura e María José adícase a coidar das súas dúas preciosas fillas Laura e Saray. Desde camarinas.eu queremos dar a benvida á xoven familia de Carlos e María José e esperamos que todo lles vaia ben e, como non, tamén felicitar á estrela do día de hoxe que se chama Saray, que xunto a súa irmán Laura forma unha parexiña divina.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.