- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Xuño 2008 28 Xuño 2008
Este xoves 26 de xuño, un par de horas antes de que toda a nación española explotase nun berro de xúbilo incontrolable polos éxitos da nosa selección de fútbol na Eurocopa de Austria, nun recuncho idílico e algo apartado da nosa España, o Centro de turismo rural Aldea Madeira en Brañas Verdes, tivo lugar unha xornada de iniciación á cata de viños impartida por todo un experto na mesma, Guillermo Alvarado, enólogo (que non etnólogo) das lexendarias e centenarias Bodegas Domecq.
A cita estivo bastante concorrida, xa que a ela acudiron máis de 20 profesionais do sector da hostelería do Concello de Camariñas, que seguiron atentamente as prolixas explicacións de Guillermo Alvarado e que unha vez rematadas estas, poideron degustar xunto aos demáis invitados a esta evento uns caldos de alta calidade acompañados duns pinchiños exquisitos elaborados polos alumnos da Escola Obradoiro, os cales tiñan unha perfecta compenetración cos viños (o así chamado "maridaje"). Despois, o que máis e o que menos marchou correndo para ver frente ao televisor o éxito apoteósico da nosa selección frente a Rusia. En definitiva, unha tarde redonda onde os nosos hosteleiros poideron comprobar o alto nivel técnico e profesional dos alumnos da Escola Taller. Esperemos que tomaran boa nota de cara o futuro.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.