- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Xuño 2008 16 Xuño 2008
Unha boa comellada para despedir o curso de ximnasia

Algunhas das participantes nos cursos celebrando a despedida destes
Ainda que tíñamos unha cena planeada como todos os fins de semana no Restaurante Puerto Arnela a redacción de camarinas.eu non podía faltar a esta festa das mulleres que asistiron ás clases de aeróbic organizadas polo Concello de Camariñas e impartidas maxistralmente por Luís de Kecha. A cena celebrouse polas 10 da noite na casa do profesor situada na Agra de Abaixo e a comida foi encargada no Restaurante Villa de Oro que lles preparou unhas esquisitas gambas al ajillo e uns fideos con gambas, ameixas e rape moi sobrosos e ben preparados. O postre corrío a cargo de Rosa de Dulia que nos mandou un "Brazo de Gitano" fantástico. Ademáis dunhas empanadas para empezar os entremeses. Todo xenial, o malo é que con tanta comida moito nos tememos que: !Alá van tantos meses de aerobic!
Pulsa na foto para ver unhas fotos e uns videos da cena.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.