- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 01 Xuño 2008 01 Xuño 2008
Felicidades no día da túa 1ª Comunión Laura

Laura posa sorrinte ante a cámara o día da súa Primeira Comunión
Este primeiro día de xuño de 2008 tivo lugar na Igrexa Parroquial de Camariñas outra comunión máis que sumar ás celebradas o pasado domingo con motivo da festividade de Corpus. Porque en Camariñas xa comenzou como tódolos anos a longa marcha das comunións, as cales irán transcurrindo nalgunhas ocasións ailladamente e noutras en grupo ata o mes de setembro.
Nesta ocasión quen cumpría cos ritos do sacramento da comunión era Laura, a filla de María e José, dous veciños do noso querido barrio de Buría. Unha preciosa rapaza de nove anos que por primeira vez comulgou na súa vida, tal e como mándan os cánones eclesiásticos. Despois toda a comitiva familiar desprazouse ata o restaurante do Club Náutico de Camariñas onde tivo lugar, ao lado do mar, un banquete ao que asistiron aproximadamente 30 persoas, entre familiares e amigos, que estaban invitadas ao mesmo.
Pulsa na foto para ver unha galería deste acto relixioso.









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.