- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Mai 2008 20 Mai 2008
Coñecendo o mar de Camariñas

O Concello de Camariñas, por medio da Técnica de Medioambiente, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia puxo en marcha o luns 19 de maio a actividade de clausura do programa COÑECENDO O MAR DE CAMARIÑAS.
A bordo do Chasula (unha antiga tarrafa restaurada como aula-obradoiro) xa se celebraron a primeira e segunda xornadas, que continuarán ao longo de toda a semana, nas que os rapaces tiveron a oportunidade de facer un roteiro pola ría, no que puideron coñecer de cerca como é a vida do mar. Ademáis do roteiro, puideron desfrutar tamén de una exposición sobre artes e aparellos de pesca, especies que se explotan…Ao longo de toda esta semana, máis de 100 escolares poderán participar na actividade, que será clausurada o venres 23 e con ela o programa.
Coñecendo o mar de Camariñas
O Concello de Camariñas, por medio da Técnica de Medioambiente, coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia puxo en marcha o luns 19 de maio a actividade de clausura do programa COÑECENDO O MAR DE CAMARIÑAS.
A bordo do Chasula (unha antiga tarrafa restaurada como aula-obradoiro)
xa se celebraron a primeira e segunda xornadas, que continuarán ao
longo de toda a semana, nas que os rapaces tiveron a oportunidade de
facer un roteiro pola ría, no que puideron coñecer de cerca como é a
vida do mar. Ademáis do roteiro, puideron desfrutar tamén de una
exposición sobre artes e aparellos de pesca, especies que se
explotan…Ao longo de toda esta semana, máis de 100 escolares poderán
participar na actividade, que será clausurada o venres 23 e con ela o
programa.
Porto de Camariñas (detrás da fábrica de xeo)
Do luns 19 ao venres 23 de maio de 2008 en horario de 9:30 a 13:30h
Os obxectivos que pretende acadar o programa son que os alumnos coñezan o mundo da pesca (especies que se capturan, artes de pesca, sinalización no mar... e o mesmo barco). A visita ten ademáis un enfoque hacia a orientación laboral dos alumnos, xa que se pretende concienciar de que tanto a pesca coma o marisqueo son saídas laborais con futuro. Preténdese, ademais, garantir o relevo nestes sectores con un alto grao de profesionalidade, xa que nos últimos tempos estase detectando que os xoves non os ven como una saída laboral.
Ao longo das cinco xornadas das que consta esta última parte do programa, participarán máis de 100 alumnos de educación Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e do CEIP de Ponte do Porto.
As chegadas ó Porto de Camariñas son ás 9:30h. A metade do grupo programado para cada día fai o roteiro en barco e a outra metade visitarán una exposición sobre a pesca e o marisqueo, con paneis informativos, artes de pesca en maquetas e proxección de un DVD. A exposición estará ubicada na Casa de Pedra.
Ás 11:30h invírtense os grupos.
Técnica de Medioambiente do Concello, coordinadora do programa: Carmen García Moroño
Centro de Iniciativas Empresariais, Rúa Real s/n,
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Comentarios
Aprender,coñecer e interesarse polo pobo e o seu entorno e unha das bases para ir educando os nosos nenos e si por por sorte os non tan nenos temos a oportunidade de formar parte destas actividades mellor que mellor.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.