- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 04 Mai 2008 04 Mai 2008
Outra voda e bautizo máis no currículum de Don Mario

Francisco e María Jesús comparecían así de guapos ante Don Mario
Algún día habería que preguntarlle ao mítico e querido párroco de Xaviña Don Mario, unha auténtica institución na llanura xaviñana, cantas parellas fixo entrar na Igrexa de Deus e cantos nenos bautizou. Posiblemente nin el mesmo o saiba, pero este sábado fíxoo por partida doble: voda e bautizo. En efecto o veciño de Vilaseco Francisco e a xaviñana Mª Jesús, non só aproveitaron a ocasión para unirse en sagrado matrimonio senon que tamén bautizaron ao fillo fruto da unión entre ambos chamado Martín ante o mellor maestro de ceremonias posible: Don Mario. Pulsa na foto para ver un reportaxe da voda entre María Jesús e Francisco e un vídeo.
Outra voda e bautizo máis no currículum de Don Mario
Algún día habería que preguntarlle ao mítico e
querido párroco de Xaviña Don Mario, unha auténtica institución na
llanura xaviñana, cantas parellas fixo entrar na Igrexa de Deus e
cantos nenos bautizou. Posiblemente nin el mesmo o saiba, pero este
sábado fíxoo por partida doble: voda e bautizo. En efecto o veciño de
Vilaseco Francisco e a xaviñana Mª Jesús, non só aproveitaron a ocasión
para unirse en sagrado matrimonio senon que tamén bautizaron ao fillo
fruto da unión entre ambos chamado Martín ante o mellor maestro de
ceremonias posible: Don Mario.
Retomando o comentado na portada desta noticia, sobre as 14:00 horas deste sábado 3 de maio comparecían ante o noso querido Don Mario, Francisco, veciño de Vilaseco (Vimianzo) e camioneiro de profesión e a funcionaria de correos María Jesús, da camariñana parroquia de Xaviña. Na mesma ceremonia decidiron bautizar a Martín, fillo fruto da convivencia previa entre ambos. Un precioso retoño que xa vai para o ano de existencia. É de destacar que entre o público existente había unha numerosa presencia de camioneiros compañeiros inseparables de traballo do futuro esposo que levaron en volandas á parella ata o altar.
Unha vez cumpridos os ritos sagrados do bautizo e o Santo Matrimonio, toda a comitiva nupcial marchou cara o Restaurante Montevideo de Vimianzo onde esperaron mentras o fotógrafo profesional e Director de camarinas.eu (todo en uno) Diego Alonso Freire lles facía as fotos obligatorias nestes actos. Foron realizadas no xardín da casa dunha vella amiga da familia que decorou o seu xardín especialmente para este momento. Despois, o banquete estivo á altura das espectativas e máis alá: houbo un auténtico río de marisco que fixo que os asistentes quedaran saciados do mesmo.
No restaurante estaban congregadas máis de 200 personas onde a parroquia xaviñana e os camioneiros, sinxelos traballadores que non entenden de modas nin levan os pelos de punta, xa bastante teñen con traballar duro para manter este país chamado España, divertíronse como nunca e de forma sana, despedindo da vida de solteiro ao seu querido amigo e compañeiro Francisco. En fin, desde camarinas.eu desexar a maior felicidade posible a estes tres novos integrantes dunha familia cristiana: María Jesús, Francisco e Martín.
Comentarios
A IGREXA TAMÉN MOI BONITA,VON BOA DE ADORNALA.
MANDAR UN SAÚDO TAMÉN PARA DON MARIO,UNHA MARAVILLA DE PÁRROCO E TAMÉN A SEÑORA ESPERANZA E FAMILIA.
UN SAUDO PARA TODOL@S XAVIÑANS!!!!!!!
Vas boa de repartir cartas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.