- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Abril 2008 22 Abril 2008

Un matrimonio histórico de Camariñas: Dona Pilar e Don Edelmiro
Hoxe cumpre anos un home do cal non se pode dicir máis que alabanzas. Unha vida dedicada aos seus fillos. E ao mar. O mar que tantas veces dou de comer a toda Camariñas en forma de bolsas de peixe que se repartían na lonja a todo aquel que o pedira. O mar que alimentou aos fillos do Señor Edelmiro, hoxe xa homes e mulleres tan queridos na nosa vila. O mar ao que algún día seus fillos e netos sen dúbida volverán. Feliz cumpreanos Señor Delmiro. Pulsa na foto para ver dúas impresionantes Odas de Homenaxe: a fotográfica, que o noso querido usuario Estudiante (fillo de Lin) compuxo para o seu pai, e a literaria, escrita polo mestre da narración Juan camariñán.

Comentarios
MOITAS FELICIDADE MEU PAI E MOITAS GRACIAS POR SER TEU FILLO.
E DE PASO MOITAS GRACIAS A TODOS E TODAS.
Unha aperta,
---Estudiante---
Anovena foto,supoño que será Lin,e ijualito co fillo de Delmiro,non hai fillo que se lle paresa tanto.
Un bico
grasias diego por faser posible estos recuerdos.
UN SALUDO
Lin puxose de pe e dixolle – Ti es parbo ou que che pasa, vas deixar semejante muller tan juapa e traballadora por marchar a navegar, larjate de aquí que che bon dar unha hostia – consello dado consello recibido , aquel home con tan solo unha frase sacoulle todas dudas dun viaxe, meu pai fui a xunta a nai e dixolle que quedaba pa casar, como non casou, puxo un nejosio e fuelle ben, miña abuela nunca quixo ben a miña nai por faser quedar o fillo en terra, pero o tempo o traballo e o cariño que lle dou miña nai a seus fillos fixo cambiala de opinión.
Como consecuencia dos consellos do Sr Lin nacin eu e miñas irmans, asi que desde aquel dia que oin contar a historia a meu pai, supen que lle debia aljo da miña existencia a este home, asi que hoxe chejoume o dia de agradecerllo – GRACIAS SR LIN-
En canto a este home que forma xa en vida parte das personalidades de Camariñas que decir de el, decir o que xa dixestedes todos …non xa vos o descrivistedes ben . Hai un probervio chino que di que un rapas non e home , nin unha rapaza se fai muller hasta que plante un arbol, escriba seus recordos e crie un fillo, non sen si o Sr Lin fixo estas tres cousas pero seguro que polos fillos que criou con salud sin necesidades e con educacion , compensalle as outras todas.
E por eso que os homes sabios saben que pa estar en un cargo publico donde teñas potestad pa deixar a 20 familias cos seus correspondiente s 40 fillos sin un cacho de pan que levar a boca , ou uns ingresos pa poder comprarlle roupa, non deveria de estar en semejante cargo , nadie… nadie que non sepa o que e criar a un fillo , sentir a sua enfermedad, velo chorar , velo sufrir, e dar a sua vida por el , nadie deveria de estar en un cargo no cal poda deixar a uns rapaces sin o benestar que ampara a lei, nadie porque hasta que vexas a teu fillo chorar non eres competente pa feser chorar o meu.
Valga esta miña opinión para que os cargos publicos, cando poñan unha sancion, non solo pensen nos sancionados sinon nos fillos que de este dependen..
Unha enoraboa a o Sr Lin , non polo seu cumpleanos , sinon pola familia que ten que criou, e que todos los dias dalle a demostrar o que o aprecian.
Un Camariñan.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.