- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 06 Abril 2008 06 Abril 2008
Bautizo dunha preciosa nena: Iria

Este domingo 6 de Abril tivo lugar nunha ateigada Igrexa Parroquial de Camariñas o bautizo dun auténtico anxeliño, rubio e de ollos azuis que recordan a aqueles ánxeles que pintaba Murillo nos seus cadros. Esta fermosura chámase Iria, ten catro mesiños e é filla de José Luís, veciño da Ponte do Porto, e de Pilar González Soto (filla dun home querido e apreciado en Camariñas, Pepe Grande)
Pulsa no interior para ler a noticia completa e ver unha galería completa deste evento Cristiano.
A nosa Igrexa Parroquial presentaba como sempre un aspecto envidiable e estaba totalmente ateigada de fieis que seguían atentamente as evolucións de Don Jesús no púlpito. Despois de dar un sermón impecable desde o punto de vista doctrinal e humano, o noso querido e respetado párroco procedeu a realizar os actos propios do Bautizo (unción co Santo Óleo no peito, bautismo na pila e finalmente o Santo Crisma), facendo entrar desta forma a Iria dentro da gran comunidade católica. Como padriños de Iria oficiaron Sergio, coñecido veciño e xoven empresario porteño, e a irmán de Pilar e Soto, Mari Luz que estaba radiante vendo a toda a súa familia unida.
Despois de realizar as fotos familiares, toda a comitiva dirixíose a celebrar o banquete bautismal ao Café Bar Rojo en Xaviña, pero antes disto todos nos reunimos para tomar un aperitivo nun bar próximo á igrexa, Bodegón A Moleda, mentras Iria, a Raíña de toda esta festa, axena a todo este balbordo, botaba un soniño no que era un dos días máis importantes da súa vida.
{multithumbs}







Comentarios
enorabuena.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.