- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 30 Marzo 2008 30 Marzo 2008
Os mellizos de Berta e Jorge xa forman parte da gran Comunidade Cristiana

Hoxe foi un día moi especial para os nosos queridos amigos Berta e Jorge, os cales teñen a súa residencia a par entre Camariñas e Pescadoira, xa que se celebraba na igrexa parroquial de Xaviña o bautizo dos seus fillos mellizos: Jorge e Érica. A misa foi oficiada por un veterano que seguramente xa fixo entrar na igrexa cristiana a miles de nenos, Don Mario, unha institución de Xaviña querido por toda a súa parroquia. Pulsa na foto para ver unha pequena reportaxe fotográfica.
Bautizo dos mellizos de Berta e Jorge en Xaviña

Hoxe foi un día moi especial para os nosos queridos amigos Berta e Jorge, os cales teñen a súa residencia a par entre Camariñas e Pescadoira, xa que se celebraba na igrexa parroquial de Xaviña o bautizo dos seus fillos mellizos: Jorge e Érica. A misa foi oficiada por un veterano que seguramente xa fixo entrar na igrexa cristiana a miles de nenos, Don Mario, unha institución de Xaviña querido por toda a súa parroquia.
O oficio estivo moi concurrido por amigos e familiares que non quixeron perderse un día clave nas vidas dos dous mellizos: o día no que entraron a formar parte dunha comunidade de máis de mil millóns de persoas, a comunidade católica. Unha vez rematado un acto que foi levado coa sabiduría proverbial de Don Mario, o ágape tivo lugar na mítica Casa Sara, onde unha avalancha de manjares fixeron as delicias dos paladares máis esixentes. O menú onde o marisco foi o rei tivo un éxito rotundo e a xente non quixo deixar de comer ata o último prato que a nosa querida Noruna, Manolo, Sara e as súas netas prepararon cun especial cariño. Pois nada, en fin, camarinas.eu estivo presente no día do bautizo dos mellizos e estará tamén o día da súa primeira comunión. Se Deus quere, claro.
P.D: Queremos dar unha especial noraboa aos avós dos nenos que están como tolos e a baba caelles nada máis ver aos seus netos. Eso, ¡¡FELICIDADES!!
Comentarios
UNA SAUDO DESDE FUERTEVENTURA DE PAULA E ROCÍO.
A VER SI OS VEMOS NO VERAN.
Tamen me parece que tuberon bos padriños o Caracol e Berito junior ,tamen boas personas donde as axa.Enorabuena a todos.
un biquiño para toda la familia desde liechtenstein manolo rosa ruben tania jessica y el perro charly =). saludos a todos de santa mariña y pescadoira.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.