- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Marzo 2008 27 Marzo 2008
Manuel de Lin: 41 anos

Manuel e Inés, unha fermosa parella querida e apreciada en Camariñas
Xa que esta semana vai de cumpreanos (e os que quedan), imos seguir adiante co dun home que a pesares da súa xuventude, 41 anos, tivo tempo xa para pasar á longa nómina de nomes míticos de patróns de Camariñas: Manuel Campaña Carril. Casado cunha muller da súa casa chamada Inés, pais de José Manuel, Inés, Tamara e Diego, Manuel leva no mar desde moi pequeno, concretamente dende os 8 anos, primeiro como mariñeiro e máis tarde xa como patrón, cando un día seu pai Delmiro o puxo aos mandos do Lago Dos. Despois comprou o seu propio barco, que leva o seu nome, o Manuel de Lin. A silueta na ponte da súa nave de Manuel sempre foi sinónimo de profesionalidade, experiencia e sabiduría.
Home respetado entre as xentes do mar, e querido polo común do pobo de Camariñas, Manuel Campaña Carril, pertencente por dereito propio a unha estirpe antiga de mariñeiros intrépidos que xa arranca do seu bisavó, a Familia Lin, dende hai meses vese privado inxustamente dunhas licenzas de pesca vitais para un pobo que vive do mar e cara o mar, Camariñas, e que o impiden facer aquelo que máis lle gusta no mundo e que fai como nadie: pescar. En fin Manuel, usuario querido e apreciado en camarinas.eu, na vosa loita sempre nos teredes como compañeiros de camiño. ¡¡FELIZ CUMPREANOS E MOITO ÁNIMO!!
Pulsa na foto superior para ver un impresionante videomontaxe adicado pola familia do Estudiante.

Hai tempo que este barco, o Manuel de Lin, debería estar faenando
Comentarios
Xa que me fixeron portavoz da familia, desde o mais vello hasta o mais novo da miña familia estaremosche agradecido por siempre jamás.
MOITAS GRACIAS DIEGONET E O QUE NECESITES, E NOS PODAMOS, SABES ONDE ATOPARNOS.
UNHA FORTE APERTA
EEEE aver si denuite inbitas o cafeiño e.
FELICIDADES DE CORAZON
E ti estudiante tamen porke creo k algo tubestes k ver en este asunto.
os demais un millon de grasias.
ABUR..
e non bebas tanto q che fai daño jajajaja
Un abraso.
ahhhh e escribino eu solo.
!!!FELISIDADES¡ ¡¡¡
P.D.: Tambien qiero felicitar a sefa i a paula aunq con ellas no tengo tanta confianza ia q nunka e ido de borraxera con vosotras jajja!! xao xao
He tenido la curiosidad de buscar famosos de este signo, y cual fue mi sorpresa que tú estabas entre ellos. Feliz cumpleaños patrón, ya me has empatado en edad.
Manuel de Lin, patrón y armador, 27-3-1965
Mariah Carey, cantante, 27-03-1970
Charlie Chaplin, actor y director, 16-04-1889
Diana Ross, cantante, 26-03-1944
Elton John, cantante, 25-03-1947
Doris Day, actriz, 03-04-1924
Andy García, actor, 12-04-1979
Celine Dion, cantante, 30-03-1968
Eddie Murphy, actor, 03-04-1961
Steven Seagal, actor, 10-04-1952
Marlon Brando, actor, 03-04-1924
Steve McQueen, actor, 24-03-1930
Fdo. Bufardo.
un abrazo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.