1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O 25 de Novembro é o día internacional contra a violencia de xénero e con motivo deste fito o Concello de Camariñas organiza unha andaina popular baixo o nome “As mulleres de Camariñas: libres e rabudas” nesta fecha. Comezará as 10:00 fronte o Museo de Cerdeimar e encamiñarase ao Museo do Encaixe onde os participantes visitarán a exposición fotográfica “As mulleres de Camariñas: libres e rabudas”. Posteriormente pasará polo porto onde unha mariñeira e unha percebeira explicarán como é a vida de unha muller que traballa no mundo do mar. Por último, a andaina rematará con unha concentración e repulsa da violencia machista.

A participación é totalmente gratuíta, pero as prazas son limitadas polo que será necesario confirmar a asistencia no teléfono 981 737 004. Cada persoa que o faga recibirá un agasallo.

 

HOJA_RUTA_ANDAINA_POPULAR_2_1_page-0002.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.