1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Concello de Camariñas pon en marcha o proxecto “O enxoval da memoria” que ten como obxectivo coñecer e recuperar manifestacións culturais a través de relatos das persoas maiores.

 Este levarase a cabo a modo de concurso e de xeito virtual. Nel cada participante deberá gravar un vídeo protagonizado por unha persoa maior no cal relate as súas experiencias relacionadas con unha festividade. Neste caso a temática será a do entroido.

No vídeo deberá desenrolar aspectos como o modo no que se celebraba o entroido e as diferenzas que existen coa actualidade, cantigas, ditos, bromas típicas, receitas de cociña, disfraces... Tamén se valorará a achega de material gráfico como fotografías, folletos, carteis, etc. que complementen o relato oral.

Premios

Haberá até un total de 900 euros en premios repartidos do seguinte xeito: 300 euros para a mellor produción de vídeo sobre vivencias do entroido, 100 euros para os 5 primeiros vídeos enviados e unha cesta valorada en 100 euros entre todos os participantes. Os receptores do premio a mellor produción quedarán excluídos tanto do segundo premio como da cesta.

Como participar

Aqueles interesados en participar neste concurso deberán cubrir unha solicitude que se pode adquirir na biblioteca municipal e, posteriormente, enviar os seus vídeos ao correo electrónico do departamento de cultura do Concello de Camariñas Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben a través do Whatsapp 665 13 44 90.

O prazo de envío comeza o día martes 2 de febreiro e remata o domingo 28 deste mesmo mes. Os vídeos enviados fora de data non participarán no concurso pero poderán ser difundidos publicamente.

concurso o enxoval cartel

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.