5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

A trixésimo edición da mostra do encaixe celebrarase este ano en datas estrañas. Por motivos da Covid desenvolverase durante o mes de Outubro, pero iso non evita que en semana santa vaiamos ter encaixe no Concello de Camariñas grazas a segunda edición virtual da mostra.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, destacou a importancia de “manter viva a tradición xa que en todo o país, sobre todo en Galicia, a Semana Santa sempre se relaciona coa Mostra do Encaixe e non podemos perder ese sentimento”. Ao mesmo tempo a alcaldes Sandra Insua , agradeceu “o esforzo do departamento da Mostra por idear, outro ano máis, o xeito de que non tivésemos unha Semana Santa sen encaixe e así facer máis curta a espera até outubro”.

Por estes dous motivos xorde a segunda edición da mostra do encaixe virtual, unha edición que, ademais, chega con importantes melloras con respecto a súa predecesora. Mantendo as plataformas de difusión na páxina de Facebook da Mostra, no seu instagram e conta de youtube este ano busca destacar a labor dos comerciantes locais no eido do encaixe así como promocionar os seus produtos para a súa venda. Cada participante presentará os seus produtos mediante un vídeo que se subirá as redes socias. Os compradores deberan estar atentos pois existirán prezos especias durante estas datas.

Esta edición virtual iniciarase o día 31 de Marzo e rematará o 4 de Abril. Ademais do anteriormente dito, neses días realizarase o certame de deseñadores novos que presentarán as súas novidosas creacións. Xa en Setembro, e funcionando como antesala da trixésima mostra do encaixe, penduraranse os vídeos dos grandes deseñadores xunto cos do artencaixe.

Os datos da pasada edición virtual foron espectaculares cunha audiencia de 238.000 usuarios que visualizaron dende os seus fogares o que sucedeu dende o mércores até o domingo. Un dato que demostra a magnitude que ten a mostra do encaixe de Camariñas e as posibilidades da mesma, as cales nin a COVID-19 logra minguar.

cartel-2-mostra-encaixe-camarinas-virtual-2.jpg

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.