5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

“En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos ao detalle nos medios de comunicación e que tamén coinciden co sentir do pobo polo que cremos que é necesario que se investigue” foron as palabras de Sandra Insua na última xuntanza coa subdelegada de goberno Pilar López Rioboo e o coronel Francisco Javier Jambrina. Isto reflicte a súa preocupación na disparidade das cifras oficiais e non oficias publicadas recentemente arredor do consumo de estupefacientes no concello.

Porén, o problema non escapa a mirada das dúas institución, local e rexional, que trataron os termos para solucionar a situación xunto coa garda civil. “Sería unha gran nova que nos permitiría traballar unidos entre a sociedade, a administración local e as forzas da seguridade xa que este un problema moi complexo no que debemos involucrarnos todos”, comentou a alcaldesa.

Na xuntanza acordouse un reforzamento da garda civil na zona para loitar contra os delitos relacionados cos estupefacientes e acabar cos seus puntos de venta, ademais de contrastar os datos publicados recentemente in situ xa que non existen informes cos que verificalos. Sandra Insua tamén se comprometeu a levar a cabo tarefas disuasorias tales como a instalación de puntos de luz naqueles lugares que se identifican na comunidade como propicios para o tráfico de drogas.

Outro punto da xuntanza foi a recuperación da asociación “Abondou” inactiva dende o ano 2016. Barallouse a posibilidade de unha subvención municipal para que esta recupere a súa actividade dentro da loita e a concienciación contra o consumo de drogas nos máis novos.

Por último, Sandra Insua agradeceu a subdelegada de goberno “pola predisposición inmediata que ten sempre para atender as nosas demandas e os recursos que pon á disposición de Camariñas” , mentres a Garda Civil recoñece que esta “é unha lacra difícil de erradicar se non se actúa desde a raíz e na solución deben involucrarse todas as administracións” e anunciaron que proximamente organizarán charlas formativas nos centros educativos para concienciar aos máis novos dentro das medidas preventivas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.