5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

Este pasado domingo 26 de xaneiro ás 21:00 horas, foi o momento elixido pola producción do spot da XXX Mostra do Encaixe para facer público o spot do evento encaixeiro camariñán que todo o mundo estaba desexando ver. Días antes foi ben enxuagado o espectante público con adiantos calculados a contagotas para ir facendo boca ao tendido que cada vez estaba máis ansioso por ver o resultdo final. Todo estaba perfectamente programado e cunha precisión dun reloxio suizo daban as 9 en punto da noite do domingo 26 de xaneiro e, simultaneamente, publicábase o video no Facebook da Mostra e estreábase a súa flamante páxina web. Ao mesmo tempo, os medios aos que se lle enviara previamente o enlace de descarga nunha nota de prensa "embargada" esperaron a dita hora da estrea e colgaron o brillante spot nas súas redes sociais. Con este plan de acción conseguíuse que o spot da Mostra fora realmente un trending topic durante toda a noite de onte no Facebook. Centos de usuarios compartían o spot dede a páxina de facebook da Mostra conseguindo que, en menos de 10 horas chegara aos 12.000 persoas alcanzadas, o que fai esperar que este spot chegue en poucos días a cifras estratosféricas. Todo un fito que recompensaba todo o inmenso traballo de todo o equipo de producción deste histórico spot que marcará un antes e un despois. Noraboa a todo o equipo que o fixo posible.

 

Engadir un comentario