5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (3 Votes)

O Concello de Camariñas presentará mañá, mércores 22 de xaneiro, a XXX edición da Mostra do Encaixe de Camariñas na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en IFEMA, Madrid. O acto terá lugar ás 11:15 horas no stand de Turespaña no Pavillón 9 da máis importante feira de turistmo do mundo. E alí, como non podía ser doutro xeito estará tamén moi ben representada a Mostra do Encaixe de Camariñas. O máis importante evento encaixeiro do mundo fará de potente punta de lanza da Semana Santa na Costa da Morte cun programa espectacular que será desvelado en breve. Pero o máis importante que a alcaldesa de Camairñas Sandra Ínsua desvelará mañá será o impresionante cartel da 30 edición da Mostra que deixará indiferentes a propios e extraños. Unha aposta valente pola innovación e pola esquisitez que a nova concelleira delegada da Mostra, a camariñana Encarna Liñeiro, quixo impregnar neste sensacional cartel. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de presentar todo o elenco promocional da Mostra. Tanto o cartel coma o spot que será desvelado publicamente este domingo 26 de xaneiro ás 9 da noite. Un cartel que resulta, como decíamos, unha aposta pola innovación e o estilismo de alta costura que será desvelado mañán na feita turística máis importante do mundo onde estará representada Camariñas con letras de ouro. Verídico.

 O impresionante cartel e spot da XXX Mostra do Encaixe non te deixará indiferente


O spot da Mostra do Encaixe 2020 foi unha clara aposta cara a innovación desta nova concellalía da mostra. Os creadores do spot e do cartel, Diego Alonso Freire e Raul Lorenzo, elaboraron un guión e unha producción nunca antes vista na Costa da Morte. A calidade do cartel ao que tivo acceso en exclusiva Camarinas.eu non deixará indiferente a nadie e chegará ata as máis altas esferas do mundo da moda. Non en vano está protagonizado por un dos modelos españois máis importantes do momento... pero ata aquí podemos ler.

O cartel publicarámolo mañán aquí nesta web tan pronto a Alcaldesa corra a cortina en FITUR. Para o spot teremos que esperar ata as 9 da noite deste domingo onde se desvelará na tamén magnífica web, de recente creación, da Mostra do Encaixe de Camariñas: www.mostradoencaixe.es 

Mentras tanto vos deixamos co making off do spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas no que xa poderedes vislumbrar os detalles dunha producción sencilamente espectacular. 

Engadir un comentario