5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O próximo xoves, 28 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar a presentación da exposición da obra da pintora porteña Purificación Lema del Río, no faro Vilán. A artista porteña expón as láminas que creou para o calendario que a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” pon a venta para recadar fondos para as festas patronais do Carme de Camariñas de 2020. Esta exposición faise en colaboración coa Asociación de Empresarios de Camariñas, quen cede as instalacións que administra no entorno incomparable do faro de Cabo Vilán. A obra está composta por 13 láminas pintadas con distintas técnicas que reflicten acontecementos e espazos da vila e do concello de Camariñas e poden ser adquiridas por un prezo non inferior a 50 euros cada unha. Os fondos obtidos serán dedicados, coma os calendarios, a achegar recursos económicos para as festas do Carme.

Entrevista á Purificación Lema, creadora do calendario 2020 do Carme de Camariñas

Porqué esta colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Camariñas?
Porque sempre contan conmigo para diseñarlles carteis ou a alfombra floral do Carme, que de moi boa gana lles fago; e isto dou pe ao seu interese cara a miña obra, así que mo propuseron e non o dubidei.

Porqué acuarelas e porqué a temática?
Bueno, non só son acuarelas, hai debuxo a grafito, rotulador, o que me permite xogar coa línea e a mancha dunha maneira figurativa as veces e rozando a abstracción outras. A temática estaba clara porque ainda que o obxectivo e recadar fondos para a festa do Carme, e de interese para todo o Concello as marabillosas paisaxes coas que contamos. Dende Camelle, Arou, Xaviña, A Ponte... e por suposto os símbolos arquitectónicos representativos da nosa cosata como o faro ou as Igrexas do Carme ou a Virxe do Monte.

Vostede foi comisaria en varias exposicións...
A maioría das exposicións que eu coñecín foron de moi alta calidade. Os espazos son privilexiados e sería unha mágoa que fallase o criterio para a selección de obra na procura de mostras de calidade que axuden a aprendizaxe da arte a través delas. Por desgracia ese criterio falla moitas veces e non todo o que se expón e digno de chamarse arte.

Cales son os seus plans de futuro?
Seguir colaborando tódalas veces que sexan precisas cos proxectos que me plantexen dende todolos ámbitos artísticos. Dende comisariados de exposicións, deseños gráficos, exposición de obra propia de maneira colectiva polo de agora, ou individual coma nesta ocasión cos debuxos e espero que poida voltar a ser, nun futuro non moi lonxano, cando os meus compromisos mo permitan, con obra de gran formato na que ando a traballar, ando a colaborar con ilustracións para teatro e literatura. O mesmo tempo considero unha parte moi importante da miña profesión a posta en valor da Escola Municipal de Vimianzo, dende a que andamos a facer canteira de artistas, a través da práctica e a aprendizaxe.

Que lle parece esta iniciativa da Comisión de Festas do Carme de Camariñas?
Apostar pola arte sempre e unha boa iniciativa. O fácil é coller unhas imaxes e xa! e sen embargo, ainda a risco de que a obra pictórica non se entenda, esto axuda a poñer en valor a arte, e educa o ollo do profano ao mesmo tempo que fai unha labor divulgativa que nestes tempos de escuridade cultural pasa de ser anecdótica a facer unha labor de mecenazgo.

Deberían ter mais presencia e peso curricular, a educación artística nos centros educativos?
A arte en xeral estase eliminando dos curriculums educativos sen ter en conta a necesidade da estética e a creatividade tan necesario en tódolos campos profesionais. Presente dende nunha arquitectura, nunha enxeñería, no campo da investigación, e precisa para destacar e diferenciarse sobre o resto dos convencionalismos. Desenrolar a capacidade creativa dende a infancia e fundamental para evitar unha sociedade de futuro gris, uniformada, máis propia da época na que se precisaba man de obra nas cadeas de montaxe da revolución industrial sin importar as ideas de cerebros entrenados na creación. Ocorre que apartando esa oportunidade formativa a nivel xeral, queda pois a disposición so de uns cuantos privilexiados que serán os donos do futuro e das élites que …

Cal debera ser o papel das institucións neste escenario que propón?
Xa que non podemos contar cos centros formativos que están sendo recortados nas humanidades, coas consecuencias que iso conleva, fomentando unha incultura emocional das persoas que non acadan ferramentas para xestionar esa parte fundamental da vida de todos e cada un de nos. Importante para obter unha sociedade sán, librepensadora e sobre todo racional e tolerante. Desembocando en maiores éxitos técnicos profesionais. Sería importante que dende algún ámbito institucional se deran de conta deste problema e lle puxeran algún tipo de remedio. Fomentar a arte local, darlle proxección, o que ven sendo un traballo de mecenazgo. Achegar deste modo a xente que non coñece este mundo, organizar cursos relacionados coa creatividade e incluso a terapia psicolóxica.

Como cualificaría a programación cultural dun territorio como a Costa da Morte?
Considerando a demanda pode que sexa suficiente, pero como a programación e máis ben escasa poderíamos afirmar que o que fai falla e máis educación e formación artística para que xurda de maneira natural esa demanda desexada.

Existe demanda cultural na nosa sociedade?
A demanda en insuficiente pola sinxela razon de que non ha i formación cultural sobre o tema. É como preguntar a unha sociedade que non sabe ler si ten demanda de libros. Pois non hai non. Existe unha ignorancia palpable nos campos artísticos e de maneira máis palpable nas artes gráficas que non son tan visibles como a música, o cine, o teatro ou a danza. Por iso e preciso a educación e formación neste tema creando unha oferta para que isto poida cambiar, deixe de ser minoritario e xurda esa demanda necesaria.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.