- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 14 Marzo 2008 14 Marzo 2008
¡¡¡Te quiero mamá!!!

Do baúl dos recuerdos sacamos estas dúas fotografías que recordan a infancia de dúas mulleres exemplares
Xa que vai de celebracións, ningunha máis xusta que esta. Hoxe 14 de marzo, Venres de Dolores víspera da Semana Santa, é o cumpreanos de Mª Carmen Freire Ramos (Mari Carmen da Cotarra e filla de Pepe de Cariño) e o santo de Mª Dolores Campaña Blanco (Lola de Perrúa, o mítico armador camariñán), nais respectivamente de Diego, o director de camarinas.eu, a maior maquinaria cibernética da Costa da Morte, e de Marcos, un dos moitos colaboradores da mesma e coordinador da área de cultura, a persoa que entre outras misións debe manter a raia as elevadísimas pretensións económicas dos buques estrela da web e maiores estrellas mediáticas desta franxa atlántica: Mikel, Juan camariñán e Luis Esteiro Ramos.
Pero sobre todo era hora de que quedara constancia diante da opinión pública do respeto, cariño e devoción destos dous fillos (dúas auténticas balas perdidas sen posibilidade de redención) cara as súas nais: dúas das mulleres máis fermosas, intelixentes, traballadoras e dignas de respeto da inmortal Vila de Camariñas, ademáis das dúas únicas mulleres neste mundo que os queren de verdade (ou polo menos as dúas que máis os queren). Pois eso, para que quede constancia, e non vai de cachondeos (bueno, algo sí): ¡¡¡TE QUIERO MAMÁ!!!
P.D: Si Manolo de Perrúa e Pepe de Cariño estuveran vivos estarían moi orgullosos das dúas fillas.
P.D: Si Manolo de Perrúa e Pepe de Cariño estuveran vivos estarían moi orgullosos das dúas fillas.
Comentarios
Eu sinto un gran aprecio por esta familia da que gardo moi bos recordos de todos: Manuel, Dieguiño, Maituca e como non de Mari Carmen (unha muller que desde que a conocín sempre a admirei).Merece ésto e moito máis.
Un abrazo para toda a familia,en especial para Mari Carmen.
PD: Ignacio e Martín!! siempre teredes a voso tio Diego e miña familia sempre será miña nai. que quede clariño!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.