- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 12 Abril 2019 12 Abril 2019
Despois da multitudinaria preestrea de Eu Son Camariñas, o equipo creativo deste programa promocional do Concello de Camariñas ven de publicar no blog da súa web oficial o video do acontecido o pasado domingo 7 de abril na Casa de Pedra. Alí preto de 200 persoas se deron cita, a pesares da intensa chuvia, para ver en primicia o video-clip que ten en vilo a toda Camariñas. Neste acto foi o seu creador, Diego Alonso Freire, o encargado de explicar nunha interactiva e amena presentación en diapositivas de todo o programa. A preestrea de Eu Son Camariñas contou tamén con varias sorpresas como a proxección dun video do mellor deportista da historia da Costa da Morte, o camariñán Víctor Vigo que tamén se uníu a este programa. E ao final, despois dos emocionados aplausos do público asistente, o equipo de grabación recolleu, nun escepcional video, a opinión dos protagonistas do spot así como dalgunhas das testemuñas que quixeron voluntariamente valorar este proxecto promocional. E aquí volo deixamos a continuación para que poidades ver o acontecido nese acto de preestrea do programa Eu Son Camariñas.