5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)
O forte temporal que afectará a toda Galicia durante esta fin de semana obrigou ao Concello de Camariñas a aprazar para a próxima semana as actividades programadas para a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que finalmente se levará a cabo do venres 16 ao domingo 18 de novembro. Só se manterá para o sábado, 10 de novembro, ás 22 horas a ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e do Serpent que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses e que correrá a cargo da Real Liga Naval Española, da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e do cura de Camariñas.

A cita terá lugar do 16 ao 18 de novembro. Só se mantén a ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e o Magosto.

Por outra banda, o sábado ás 18 horas tamén se celebrará o Magosto na Praza do Mercado de Camariñas, xa que está organizado pola Comisión de Festas do Carme de Camariñas.

Tamén se aprazará para a próxima fin de semana a ‘Ruta das Tapas dos Naufraxios’ na que os 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Estes son algúns dos establecementos participantes aos que tivemos ocasión de acudir a redacción desta web: O Percebe, A Ría, Bar Victoria, A Moleda, O Pinar, Oasis, Confitería Camariñas, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, A Xunqueira, Casas Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño entre outros.

Nas próximas datas farase público o novo programa da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que se celebrará do 16 ao 18 de novembro.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.