1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Camariñas comezou na Biblioteca Municipal o programa de animación á lectura coa actividade O Berberecho Rebecho visita La Turballe. Dende o 23 de xaneiro ao 20 de marzo os nenos e nenas de 3 a 6 anos e aos seus proxenitores coñeceran as diferenzas e similitudes da localidade francesa coa vila camariñá. Entre as actividades realizadas está a elaboración dun pequeño conto ilustrado que ten como protagonista a mascota da biblioteca municipal de Camariñas, O Berberecho Rebecho, unha visita virtual de La Turballe, unha sesión gastronómica de elaboración de crêpes cubertas de caramelo con manteiga salgada, difusión de receitas e cultura gastronómica da poboación veciña, xogos de cartas infantís con símbolos nas linguas dos dous países, exposición de material bibliográfico da localidade francesa e outras. 

O Concello francés de La Turballe está irmandado con Camariñas e ámbolos dous desenvolverán neste ano actividades para reforzar os lazos de amizade e comerciais.

O programa 2018 de irmandamento está a rematarse nestas semanas e ofrecerá visitas organizadas e intercambios entre a cidadanía,empresariado, asociacións culturais, deportivas e sociais de ámbolos dous concellos. A próxima cita será no mes de maio, onde desembarcará en Camariñas un grupo de persoas de La Turballe para coñecer o concello e aos seus habitantes. Máis información: Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas. 981 737 004 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Os nenos de Camariñas coñecen o concello irmáns de La Turballe

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.