1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois do éxito acadado o ano pasado, os organizadores do showroom para a organización de bautizos e comunións ExpoPeques están confeccionando os últimos flecos da novidosa edición deste ano 2018. O evento terá lugar dende ás 5 da tarde deste sábado 24 de febreiro e terá continuidade durante todo o domingo 25. Este salón demostrativo, que se está a converter nun verdadeiro escaparate para as empresas do sector na Costa da Morte, traerá seguramente gran cantidade de visitantes ata Camariñas e concretamente ata o Restaurante A Marina de Camariñas donde se darán cita máis de 20 empresas e negocios do sector que expoñerán as súas novidades.

Esta fin de semana celébrase a segunda edición de ExpoPeques, o salón para organizar o bautizo ou a comunión dos pequenos da casa, no Restaurante A Marina de Camariñas

Entre todas as empresas participantes detacar de algún xeito aos que se estrenan nesta edición como son a participación do exitoso DJ Rubén Plaza que fará demostracións durante as dúas xornadas que se celebrará este Expopeques 2018. Tamén sinalar a participación nesta edición dunha especialista en tocados para aconsellar aos asistentes sobre a nova línea que se está a abrir paso no sector dos complementos.

Inauguración e desfiles de moda


cartel-expopeques-2018.jpg

A inauguración de ExpoPeques 2018 será celebrada este sábado 24 de febreiro a partires das 17:30 horas na que está previsto se celebre o primeiro desfile de traxes de comunión tanto masculino coma feminino así como as primeiras demostracións de animación musical.

Outra das novidades destacadas nesta edición de ExpoPeques será a potenciación dos desfiñes de moda coa participación da deeñadora Lorena Manceñido Recarey, propietaria da academia de confección “13 Razones”, que amosará algunhas das súas creacións máis novidosas para esta campaña de comunións 2018.

O domingo será a xornada onde se celebren os dous desfiles que están programados e onde se mostrarán dende as últimas tendencias ata os estilos máis clásicos de traxes de comunión tanto femininos como masculinos así como varios modelos para familiares e invitados.

Workshops e charlas para os asitentes


Outra das novidades que se deseñaron para innovar un pouco máis nesta edición foi a inclusión de charlas que impartirán diversos proveedores que participan no showroom. A intención destas charlas é a de orientar aos asistentes na organización dos seus eventos así como de presentara os seus últimos productos e máis recentes novidades.

A organización quere invitar a todos os pais e nais da Costa da Morte a que visiten esta edición 2018 de ExpoPeques.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.