- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Febreiro 2018 02 Febreiro 2018
O Concello de Camariñas presentou esta mañá o cartel da XXVIII Mostra do Encaixe ao delegado da Xunta de Galicia na capital, José Ramón Ónega López. O concello, inmerso na promoción da Mostra 2018, estivo representado no acto polo alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso e a concelleira da Mostra, Sandra Insua. Durante a presentación, que tivo lugar na Casa de Galicia e sede institucional da Xunta en Madrid, deuse a coñecer a programación do certame e puxéronse a disposición dos asistentes invitacións para a Mostra do Encaixe 2018, que levará a cabo esta semana Santa, entre os días 29 de marzo e 1 de abril.
Dende o Concello de Camariñas queremos convidar á Mostra a todos os visitantes da Casa de Galicia, para que poidan coñecer en primeira persoa o legado do encaixe e gozar de todas as tradicións que rodean a esta arte - Sandra Ínsua
Unha edición máis, a gran cita do encaixe en Camariñas lembrará o valor dunha arte tradicional que é esencia da nosa vila e que este ano pretende converterse en Festa de Interese Turístico Nacional.
- O Concello de Camariñas presentou o cartel da Mostra do Encaixe 2018 ao delegado da Xunta en Madrid
- Tras recibir onte o premio Honorífico Nacional á Moda, a Mostra avanza na carreira por converterse en Festa de Interese Turístico Nacional