5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Chegan novos tempos para a Mostra do Encaixe de Camariñas. Poucos días antes de acabar este ano 2017, o departamento encargado da organización da Mostra, ven de anunciar a inminente presentación, case sen tempo, do cartel da próxima edición da que será unha das máis espectaculares Mostras que vamos a recordar, o gran evento mundial do palillo. Van xa 28 anos desta imprescindible cita, non só para Camariñas se non para toda a Costa da Morte que recibe miles de visitantes gracias ao encaixe da nosa vila, e chega o momento de render a xusta homenaxe á institución que máis aportou para a subsistencia da milenaria arte das mulleres camariñanas: estamos a falar da Deputación Provincial da Coruña que, dende tempos do socialista Fernández Moreda foi o auténtico cimento no que se apuntalou todo o conseguido ata o día de hoxe. E para ofrecer a merecida homenaxe a esta deputación que foi unha das principais responsables da superviviencia do noso encaixe, unha delegación de palilleiras da vila desprazarase especialmente para elo ata a Avenida Porto da Coruña onde serán recibidas polo actual presidente do ente provincial, o tamén mandamás do PSdeG da Coruña Valentín Formoso.

O cartel da Mostra do Encaixe 2018 presentarase este xoves 21 de decembro na sala Juan Gallo da Deputación da Coruña, como xusta homenaxe á institución provincial que é a principal impulsora do evento máis importante do palillo no mundo: a Mostra do Encaixe de Camariñas

Alí, diante de todos os deputados da provincia que celebrarán o inicio das festas de nadal, será presentado como dicíamos no título desta nova, o cartel máis cinematográfico da Mostra do Encaixe. A xenial e indiscutible reina do celuloide galego Marta lado será a protagonista, xunto á pequena palilleira Andrea e Angelita, unha das palilleiras máis veteranas do concello con preto dun cento de anos, dun cartel espectacular ambientado en plena zona cero da Costa da Morte, e non estamos a falar do triste coído muxián. A exitosa actriz de Fisterra vestíu para a confección do cartel un precioso vestido cheo de encaixe de Camariañs da gran deseñadora, protagonista dos derradeiros números da prestixiosa revista Vogue, Sara Lage. A deseñadora lucense, unha das grandes modistas do momento no panorama internacional, será a encargada xunto a Marta Lado de presentar o cartel na sala Juan Gallo do ente provincial xunto ao Alcalde de Camariñas Pichurri, a Concelleira da Mostra Sandra Ínsua e o presidente da Deputación Valentín González Formoso. Será a partir das 11:30 da mañán ante máis de 30 palilleiras que renderán a xusta homenaxe a unha deputación clave na superviviencia do noso encaixe.

E será en Camarinas.eu cando a partir dese momento desvelemos tamén o secreto mellor gardado desta vindeira Mostra 2018 cun video impresionante que está gardado baixo chave e que será o principal vehículo de promocióm dunha mostra 2018 que será totalmente rompedora. E para que os nosos lectores e usuarios entren en boca vamos a publicar un dos videos que nos poedes ver dende o canal de youtube da Mostra do Encaixe e que nos da ainda máis misterio. Mañán desvelaremos o secreto mellor gardado da Mostra do Encaixe de Camariñas: Onde nace o Encaixe.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.