- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Decembro 2017 20 Decembro 2017
O Concello de Camariñas a través da Concellalía de Servizos Sociais de Sandra Ínsua Rial abre o prazo para a presentación de solicitudes de REFORMA DE BAÑO (cambiar bañeira por prato de ducha) para os veciños que teñan recoñecida unha dependencia en grado II e III ou persoas cunha discapacidade superior ao 65 %. Para formalizar a solicitude e optar a ditas axudas os interesados deberán presentar no departamento de Servizos Sociais, a seguinte documentación:
- DNI
- Volante de empadroamento colectivo
- Xustificante de pertencer a algún dos colectivos sinalados.
- Xustificante de ingresos de todos os convivintes con parentesco ou non
- Presuposto da reforma detallado
Concederanse un total de 5 axudas por un valor de 800 € cada una. O criterio a seguir para a concesión será a situación económica da unidade de convivencia, é dicir as cinco solicitudes con renda per cápita mais baixa. Para a xustificación de ingresos será necesario presentar a declaración da renda ou datos fiscais correspondentes ao exercicio 2016, xustificante das pensión de España e do estranxeiro relativas a ese mesmo exercicio, nóminas ou calquera outro documento imprescindible para a valoración.
O prazo para solicitar é desde o día 10 ao 30 de xaneiro de 2018. Para máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, situado na casa de pedra. Lembrarlles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ó teléfono 981 73 70 04.