1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Con motivo dos actos programados polo Concello de Camariñas no aniversario do afundimento do HMS Serpent, a TVG emitía este venres noite no Luar, o programa estrela das noites da canle autonómica, unha pequena reportaxe sobre o afundimento do navío inglés que embarrancou tráxicamente na costa de Camariñas levándose a vida de 173 mariños ingleses. Como non podías ser doutro xeito o mestre de xornalistas da vila das palilleiras Xosé Luís Blanco Campaña foi o encargado, moi emocionado, de describir o periplo do buque ao mando de Mr. Ross que dou nome á Costa da Morte cando embarrancou nos baixos da Punta do Boi.

Pero a sorpresa saltaba no veterán programa que dirixe XM Gayoso cando apareceu en escena o mesmísimo Xosé Luis enfundándose o seu acordeón para acompañar aos integrantes do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas. O tema que ían a interpretar os camariñáns subidos no escenario do Luar era, nin máis nin menos que o tema composto polo propio Xosé Luis Blanco "Costa da Morte", que foi interpretada pola exitosa artista galega e amiga de Camariñas Ana Kiro. O coro, dirixido maxistralmente polo músico soneirán Javier Sampedro, interpretou á perfección a famosa canción do Serpent na mesma hora en que facía 127 anos acontecera tan terrible traxedia nas nosas costas, e que se transformou xa en todo un himno para todo o colectivo camariñán espallado polo mundo. Pero mellor é que vexades bos mesmos a maestría coa que Xosé Luis e todos os membros do Coro Municipal de Camariñas actuaron no Luar da Televisón de Galicia. Noraboa.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.