1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
POis chega o momento de amosarvos a todos os usuarios e lectores desta web, un un video do acontecido no derradeiro día desta primeira edición do programa "O Encaixe no Camiño". Un evento organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas que contou con diferentes actuacións na fin de semana do dezasete de setembro. Entre elas destacou a representación teatral do domingo na que un nutrido grupo de actores e actrices camariñáns representaron a lenda dunha rapaza italiana superviviente dun naufraxio nas costas de Camariñas que chegou a interactuar coas mulleres da vila e, sempre según a lenda, foi quen de ensinar a palillar a todas as féminas desta costa atlántica. Despois desta actuación teatral chegou a hora do desfile de modelos. Uns pases que mostraban os vestidos da deseñadora camariñana María Campaña e que vestiron un grupo de varios modelos tamén da nosa vila. Para rematar, a presidenta da asociación de empresarios lebrou nun descurso a todos os que fixeron posible, entre eles á Deputación da Coruña que aportou unha xugosa cantidade de nada máis e nada menos que 20.000 euros en subvencións para desenrolar esta primeira edición do Encaixe no Camiño e, finalmente, Olga prometeu que para o ano que ven volverán a organizalo. Esperemos que sexa así.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.