1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os próximos 15, 16 e 17 de setembro de 2017 celebrarase en Camariñas a primeira edición do evento "O Encaixe no Camiño" que vestirá as rúas e locais da Vila das Palilleiras da maneira que o facían na época medieval. Eses días están programadas pola Asociación de Empresarios de Camariñas que organiza o evento dúas representacións teatrais. Unha delas interpretarase o sábado 16 as 11:00, que recreará o famoso desembarco do rei Alfonso IX no porto de Camariñas. Despois desta espectacular recreación medieval continuará o monarca Alfonso IX, derradeiro soberano que levaría o título de Rey de Galicia, a súa camiñata ata Cereixo acompañandoo todos aqueles que queiran participar no percorrido. Para poder programar a VOLTA EN AUTOBÚS, a organización neceista saber o número máis ou menos exacto das persoas que se queiran unir á camiñata polo que, dende a Asociación de Empresarios de Camariñas piden que todos aqueles que desexen participar o comuniquen aos teléfonos que a asociación dispón para tal efecto: 674941224 ou 662488253.

O sábado continuará esta primeira edición de "O Encaixe no Camiño" coa actuación estelar en concerto do exitoso grupo de músca folk SAMARÚAS, do cal son integrantes dous camariñáns virtuosos da música como son os irmáns Barcia Trashorras. A outra recreación prevista para esta edición está programada para o domingo 17 de setembro as 11:00 da mañá e que mostrará a lenda da chegada da dama italiana que ensinou a palillar en Camariñas. Unha representación teatral digna de ver e que rematará co posterior desfile de moda no cal modelos locais enseñarán toda clase de prendas de vestir con apliques do mellor encaixe do mundo. Para todos aqueles que queiran participar nesta fin de semana e non teñades traxe medieval, pero gustaríavos ir vestidos da época polas rúas de Camariñas, a asociación de emrpesarios de Camariñas poñe a disposición de calqueira persoa a opción de alquilar dita vestimenta medieval por un módico precio. Para poder alquilar estes típicos traxes medievais e sentirse aínda que sexa tan só por un fin de semana nas rúas dun antigo pobo mariñeiro do medievo podedes alquilar estes traxes na aula 4 da Casa de Pedra de luns a venres e de 12:00 a 14:00.

Este evento está organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas que conta co apoio económico da Deputación Provincial da Coruña así como a colaboración do Concello de Camariñas e da Mostra do Encaixe, a Asociación Rendas, Asociación Puntillas de Camariñas, Asociación El Horreo de Camariñas, Protección Civil de Camariñas e por último pero non máis importante a colaboración dos veciños e veciñas de toda a vila de Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.