1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Segundo fontes da máxima credibilidade ás que acaba de ter acceso Camarinas.eu, o Cura Párroco de Camariñas Don Jesús Nieto Baneira estase debatindo nestes intres entre a vida e a morte como consecuencia dun infarto de miocardio. Todo comenzaba cando esta tarde o lexendario páter camariñán achegábase ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor de facerse unhas probas. Unha vez alí, era derivado de inmediato ata o antigamente chamado Hospital Juan Canalejo da Coruña onde xa foi  ingresado na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). Pouco máis estamos en condicións de decir nestes momentos, cabe só confiar na probada competencia  e solvencia dos facultativos do hospital herculino, na modernidade das súas instalacións e rezar, rezar por este bo cristiano, gran católico e mellor persoa que dende hai aproximadamente un cuarto de século ven desenrolando de maneira exemplar o seu maxisterio de pastor de almas na parroquia camariñana. Máis de 25 anos leva Don Jesús rezando por nós, tócanos a nós agora rezar pola súa pronta curación.

ACTUALIZACIÓN 20:00 DO XOVES 1 DE DECEMBRO


Hai uns instantes que esta redacción pudo contactar con unha persoa cercana a Don Jesús. As noticias non son boas, e pudemos saber que o noso querido Párroco está totalmente sedado e sen melloría sobre o seu estado inicial de gravidade ao que chegou á zona de UCI do Hospital Juan Canalejo da Coruña. Alí se atopan seus familiares aos cales lles queremos transmitir todo o noso máis sinceiro apoio e cariño. Mentras seguiremos rezando pola pronta recuperación de Don Jesús.

DON JESÚS FINOU


Queridos conveciños. O noso querido cura Don Jesús Nieto Baneira faleceu na tarde noite deste xoves 1 de decembro de 2016. Vaise un gran párroco, un gran cristiano e un gran teólogo, pero sobretodo fuise unha gran persoa. Tan só nos queda o consolo do seu recordo e da súa SEMENTE prantada no corazón de tódolos feligreses do concello de Camariñas e máis alá. DEP.

Don Jesús xunto ao seu amigo o alcalde Pichurri

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.