1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Confraría da Faguía de Carnés anuncia que o sábado día 20 xuño as doce do mediodía na igrexa parroquial de San Cristovo de Carnés terá lugar o cabodano de Ramón Santos Vázquez, primeiro gran mestre da Confraría da Faguía, morto nun accidente laboral fai un ano.

Do mesmo xeito a entidade anuncia que o domingo día 21 de xuño terá lugar a celebración do III capitulo do cabildo da confraría, as cinco da tarde, na sala capitular da igrexa parroquial de San Cristovo de Carnés presidido polo mordomo Andrés Martínez e a vicaria xeral María do Pilar Mouzo. No acto investiranse as capas de tres novos membros do cabildo, renovarase o cargo anual de mordomo, e daranse a coñecer os premios das tellas de ouro e prata deste ano. Asemade a confraría anuncia que o Arcebispado de Santiago de Compostela cedeu a entidade o recinto da Cerca onde se fai a festa da faguía e unha casa no adro da igrexa para usar como casa do cabildo. A confraría traballa para a reforma neste ano de ambos recintos, mentras usa como sala capitular de reunións un local dentro da igrexa parroquial.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.