- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Febreiro 2008 15 Febreiro 2008
Dous candidatos na loita pola presidencia do Casino

Unha asociación emblemática de Camariñas elixe este sábado presidente
Como nos indica o noso querido usuario Estudiante no libro de visitas, este sábado 16 de febreiro celebrarase unha asamblea extraordinaria para decidir cal será o Presidente desta emblemática asociación camariñana durante os próximos tres anos. Manuel Triñanes Pasantes, casado, con dous fillos e tres netos afronta outras eleccións agora con unha nova contrincante, María del Monte Rodríguez Gerpe, camariñana casada en Xaviña e con unha filla, Noelia.
Ás 5 da tarde deste sábado celebrarase unha asamblea ordinaria na que se aprobará a acta anterior, mirarase o estado de contas e demais accións rutinarias. Despois desta asamblea chegará o momento de elixir ao Presidente da A.C.R. Casino de Camariñas e que sairá dos dous únicos candidatos presentados a ditas eleccións, será sobre as 7 da tade. Dende camarinas.eu animamos a tódolos socios do Casino a que se animen e participen na votación que determinará quen estará ao mando de tan importante institución os vindeiros tres anos. Sorte aos dous.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.