1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro continúa co seu magnífico traballo de prevención do tabaquismo e expande as súas importantes e necesarias iniciativas hacia outros puntos da Costa da Morte. Así, debido ao éxito da charla celebrada en Camariñas sobre o mesmo tema dunha das lacras actuais da nosa sociedade como é a adicción ao tabaco, os integrantes desta asociación que dende hay tantos anos dirixe con notabilísimo éxito a veciña de Xaviña Dona Pilar Ínsua propuxéronse realizar outra conferencia na veciña vila de  Vimianzo, xa que neste concello non contan con unha xunta local propia. Nesta charla que se celebrará na Casa da Cultura de Vimianzo (destacar a inestimable colaboración do Concello) o martes 17 de marzo, intervirán os poñentes Santiago Suárez Pita e Fernándo Molina Nieto (Psicólogo e Neumólogo respectivamente da AECC da Coruña) que tratarán de explicar e advertir dos perigos que supón o consumo habitual do tabaco. Unha interesante iniciativa esta que nos trae a Xunta Local de Camariñas que esperamos sexa moi concurrida. Noraboa.

 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.