1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois despois do que pudo ser un drama para todos os camariñáns co tema das baterías que Fenosa e a Xunta tentaron instalar no noso querido Vilán e que felizmente se quedou en nada ao entrarlle á Consellería de Medeio Ambiente a cagalera chega o turno do despiporre e da festa nun fin de semana inacabable de bailes e actuacións carnavalescas. Este ano o Concello de Camariñas dende o departamento de Cultura e Deportes que capitanea a nosa querida amiga Sandra Ínsua Rial ben de organizar un completísimo abano de actividades que darán comezo esta mesma tarde do sábado 14 de febreiro (día dos namorados... por se alguén non se enterou) na Ponte do Porto con unha Monstruosa Festa do Entroido que se celebrará no Pavillón Municipal da localidade porteña. Para o domingo, un dos días grandes da festividade, o concello ten previsto realizar desfiles de comparsas, zancudos e malabaristas polas rúas de todas e cada unha das parroquias municipais. O luns teremos a oportunidade de descansar un breve lapso de tempo ata que ás 17:00 horas comecen a retumbar os altavoces da Discoteca Móbil Infantil na Casa de Pedra da Vila das Palilleiras con moitas sorpresas engadidas. O martes chegará o turno da edición máis importante que se recorde do Concurso de Comparsas e Minicomparsas que se celebrará no Pavillón O Areal de Camariñas e no que se repartirán importantes premios para as representacións máis aplaudidas. E xa o sábado chegará o tan necesario fin de festa deste entroido 2015 coa representación do xa típico Velorio (na Casa de Pedra. Non no Tanatorio Municipal) e Enterro da Sardiña que rematará con unha GRAN CACHALOTADA... ejemmm... perdón polo lapsus, queríamos decir unha GRAN CHOCOLATADA. Pois como xa algún que outro redactor desta web comezou anticipaddamente cos festexos carnavalescos deste 2015 nos desde aquí tan só queremos animar a todos os veciños do Concello de Camariñas a que sigan o seu paso e comecen xa o despiporre. Chegou o Carnaval a Camariñas!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.