- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 10 Febreiro 2008 10 Febreiro 2008
Camarinas.eu achegouse na noite deste sábado 9 de febreiro ata o Club Náutico de Camariñas para renderlle a homenaxe que o noso Náutico merecía e para desfrutar dunha gran laconada preparada polo restaurante que leva a concesión do mesmo e que degustaron ao redor de 90 persoas provintes de tódolos rincóns do noso concello. Pulsa na foto para ler a noticia completa, unha galería de fotos e un vídeo.
Gran laconada no Club Náutico
Tal vez sexa hora de recoñecer a gran labor das distintas asociacións que existen no noso concello (como o Casino de Camariñas, o da Ponte do Porto ou o Club Náutico) levan a cabo para acadar un desenrolo integral que está a facer de Camariñas un concello punteiro e de paso reforzar os lazos sociais e de amistade entre todos os habitantes do mesmo. Clave dende a súa fundación no ano 1992 é a labor que leva o Club Náutico de Camariñas, que dou un considerable impulso á práctica dos deportes náuticos e constitúe un lugar axeitado para o acomodo de embarcacións deportivas e para o ocio de tódolos camariñáns. Grandes persoalidades do noso concello (Don Andrés Cerdeiras Seoane, Xosé Luís Blanco Campaña, o Mantido...) estiveron presentes ao longo destes anos e contribuiron a facer do Náutico a realidade que é hoxe en día: o mellor da Costa da Morte e así, paso a paso, facer de Camariñas un lugar cunha calidade de vida envidiable e merecida.
Así pois, para renderlle a homenaxe que o Club Náutico merecía camarinas.eu acercouse este sábado ata alí para participar na gran laconada. Poidemos desfrutar dun menú típicamente galego, composto íntegramente por productos derivados do porcino como o pé de porco, panceta, fuciño, orella, chourizos do país, lacón, etc.. e complementado perfectamente como non podía ser de outra maneira con patacas, grelos e bolos de pote. Aos postres poidemos desfrutar dunhas exquisitas filloas recheas de crema e uns chupitos de ese ouro líquido que é a caña de herbas do país que fixeron que se animara un pouco máis o bo ambiente xa existente. Finalmente sorteouse unha cesta de regalo na que tal e como sucedera na cena de camarinas.eu, a man inocente volveu a ser a de Brais Campaña, o fillo do noso querido usuario Estudiante, tamén membro da directiva do Club Náutico de Camariñas. En fin, ir ao Club Náutico para camarinas.eu é e sempre será un pracer.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.