- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 05 Febreiro 2008 05 Febreiro 2008

Este martes de Carnaval comezou ás catro da tarde o concurso oficial de disfraces do Concello de Camariñas, o cal se extendeu por máis de catro horas nun polideportivo cheo de público que disfrutou da orixinalidade e imaxinación dos disfraces que participaron no concurso. O xurado, que estaba composto por tres membros da sección de medio ambiente do Concello (estando a bibliotecaria Ana e demáis persoal municipal a cargo das labores organizativas), despois de longas deliberacións determinou os gañadores, os cales se repartirán máis de 800 de premios en metálico.
Para ver a galería de fotos e saber quenes foron os gañadores pulsa na foto.
Así, na categoría de comparsas o primeiro premio levouno a que iba disfrazada do grupo de Glam Rock dos setenta "Kiss" e estaba formada por Nico, Diango, Carolina e o Chapo. O segundo premio levouno a comparsa que iba disfrazada de "Abellas de Buría", e a terceira foi a que iba disfrazada de enanos e que tiña como integrantes destacados a nosa querida Beauty Maytiña e a nosa usuaria Pili de Lin, como podedes ver nas fotos que están nas pestañas situadas máis abaixo. En canto aos premios individuais, éstes leváronos os disfraces de mazán, o de parque eólico (sen dúbida o mellor disfraz individual que se vío no día de hoxe no polideportivo), e o que iba difrazado co logo do canle de televisión Cuatro. O importe do premios foi de 300 para a primeira comparsa, 180 para a segunda e 120 para a terceira.
Só queda engadir que lamentablemente non puido participar no concurso unha comparsa provinte de Camelle a cal chegou fora de tempo, cando xa rematara o concurso e despois de que en repetidas ocasións foran chamados para subir ao escenario. En fin, hoxe tivemos o pracer de ver un concurso no que disfrutaron tanto os disfrazados coma o público asistente e que, segundo fontes do concello, para o ano que ven estará dotado con uns premios en metálico maiores cos que dar un impulso ao Carnaval en Camariñas.

Comentarios
eses ananitos q arrasaron!!1
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.