1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este pasado xoves 24 de xullo de 2014 tiña lugar nunha abarrotada Praza da Quintana un concerto do veterano músico Loquillo. Xa sin Los Trogloditas, sin a presencia do guitarrista e compositor Sabino Méndez, hai anos que Jose María Sanz Beltrán decidío continuar en solitario a sú aventura musical, un campo onde a súa forte personalidade e compromiso o levou a ser un auténtico quebradeiro de cabeza para o sectario e archifanatizado sector do nacionalismo independentista catalán. Alleo ás críticas, insultos e persecución na súa propia terra, Loquillo continúa a levar a cabo o seu tour veraniego por España adiante e así na noite de autos recalaba na Praza da Quintana, en plena capital compostelana, onde a un público de variadas xeracións lle regalaba un impresionante concerto. Despois, para ir ata o mellor local da noite santiaguesa, non tivo que andar moito: xusto alí ao carón do seu escenario o esperaba un templo nocturno, La Quintana, exemplarmente comandado polo empresario xavñán Félix García Insua. Á interminable lista de invitados de honor do seu local, Félix deberá engadir a partires de agora a presencia dun rockeiro dos vellos tempos, un rocker de tupe e cazadora negra que a lomos dun cadillac solitario leva repartindo boa música polas terras de España dende a friolera de 35 anos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.