1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúa o noso querido amigo Roberto Soto Ameal a convertir o seu negocio en un referente da alimentación e o culturismo na Costa da Morte. Desta vez ben de organizar na súa tenda Esculture Shop de Cee un evento programado para este sábado 5 de xullo no que participará nin máis nin menos que o xigante José María Forte, tres veces campeón do mundo de culturismo que impartirá un seminario no que desvelará as claves dos seus continuados éxitos. Ademáis desprazarase ata o local referente do culturismo nesta franxa atlántica un equipo do canle de televisión Cuerpos Perfectos T.V. para realizar unha completa reportaxe do evento. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa ao noso compañeiro de toda a vida Roberto Soto por todos os éxitos que está a colleitar.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.